1.1. Identificador

País:
ES
Código del archivo:
GA.15073.AM

1.2. Forma autorizada del nombre

Forma autorizada del nombre:
Arquivo Municipal de Ribeira

1.4. Otra(s) forma(s) del nombre

Otra forma del nombre:
Arquivo Histórico de Ribeira
Otra forma del nombre:
Arquivo Administrativo de Ribeira
Otra forma del nombre:
Arquivo Xeral Municipal de Ribeira
Fechas:
Archivo General de Ribeira

1.5. Tipo de archivo

Titularidad:
Pública
Gestión:
Administración Local
Tipología:
Archivo municipal

2.1. Localización y direcciones

Área geográfica:
Europa

Localización y direcciones

Nombre:
Arquivo Municipal de Ribeira
Dirección:
Praza do Concello, s/n
Código postal:
15960
Localidad:
Ribeira
Provincia:
A Coruña
Comunidad autónoma:
Galicia
País:
España

2.2. Teléfono, fax, correo electrónico

Teléfono:
981 835 417 (Concello de Ribeira)
Teléfono:
981 835 417 Ext. 10224 (Archivo administrativo)
Teléfono:
981 835 417 Ext. 15103 (Archivo histórico)
Correo electrónico:
arquivo@ribeira.gal
Correo electrónico:
lonxa@riveira.com

2.3. Personas de contacto

Apellidos:
Otero Sobrido
Nombre:
José Antonio
Cargo:
Técnico Superior de Arquivos
Apellidos:
Orellán Santos
Nombre:
José Manuel

3.1. Historia

Historia de la institución que custodia los fondos de archivo:
A actual configuración administrativa do municipio remóntase a 1833, ó crearse a nova división provincial. O documento máis remoto que se coñece citando a Ribeira é de finais da Idade Media. Nos libros parroquiais de Ribeira a data máis antiga é do ano 1607, con motivo do testamento outorgado por María Afonso de Caamaño. Segundo o “Diccionario Geográfico-Estadístico de España y Portugal”, de Sebastián Miñano, publicado en 1827, pertencían a xurisdición de Noia as seis parroquias existentes no territorio que hoxe abrangue o municipio de Ribeira: San Xulián de Artes, San Paio de Carreira, Santa María de Olveira, San Martiño de Oleiros, San Pedro de Palmeira e Santa Uxía de Ribeira. A Asunción de Corrubedo, hoxe parroquia, era daquela un anexo de Santa María de Olveira. Ribeira foi declarada por Lei de 17 de marzo de 1906 porto de segunda orde, como de interese xeral, e nun oficio do 23 de marzo de 1906, o Rei Alfonso XIII concedeu, polo seu desenvolvemento comercial e industrial, o título de Cidade a ata entón Vila de Santa Uxía de Ribeira. Un dos acontecementos máis tráxicos ocorrido na “Costa da Morte”, foi o do vapor-correo Santa Isabel, que o día 2 de xaneiro do ano 1921 afundiu nos baixos da Illa de Sálvora. O municipio ten cinco portos: Ribeira, Aguiño, Castiñeiras, Corrubedo e Palmeira. En 1753 hai censadas entre Ribeira e Palmeira unha frota composta por catorce pinazas adicadas o comercio da sardiña con Portugal, 56 lanchas de tamaño medio e 85 dornas. O asentamento dos cataláns nas rías a partir destas datas deu lugar a construción, a finais do século, de numerosos almacéns de salgadura e a grandes circuitos económicos que , ás veces, chegaban a Londres ou a Italia. Tra-lo asentamento dos cataláns, no último tercio do século XVIII, dos 140.000 milleiros de sardiña que se capturaban na Ría de Arousa, 25.000 correspondían a Ribeira. Só no núcleo de Ribeira había nove almacéns de salgadura e catro mercantes que enlazaban comercialmente con América e Inglaterra. Jerónimo Hijosa Rodríguez, castelán, que acadou en Galicia a condición de máximo home de negocios do século XVIII, conseguiu en 1770 autorización real para establecer cura e salgadura de pescada e abadexo na Illa de Sálvora, con grande éxito, trasladándose en 1774 a Ribeira. Hoxe hai importantes conserveiras e o negocio do peixe fresco é o que triunfa nas lonxas da comarca, chegando a situar a Ribeira como primeiro porto de baixura no Estado e un dos máis importantes da Unión Europea. O Arquivo Municipal de Santa Uxía de Ribeira foi destruido por un incendio o 10 de abril de 1862, sendo Alcalde-Presidente Ventura Pijuán, desaparecendo na súa totalidade a documentación anterior a estas datas. Tamén houbo expurgos incontrolados en periodos de escaseza de papel, como nos anos posteriores á Guerra Civil, debido á reutilización dos soportes, así como os producido partir daquela sufriu bastantes perdas debido a un traslado en 1975 con motivo da construción do actual edificio do Concello. Ata comezos da etapa democrática atopábase pechado ao público e situado na casa consistorial, comezando a partires dos anos 80 un proceso de organización utelado polo arquiveiro municipal de Betanzos Alfredo Eiras. Neste tempo os traballos son realizados por persoal municipal e a través de becas e convenios, ata a creación da praza de arquiveiro municipal. Dende os anos 90 os recursos humanos, económicos e materiais adicados ao patrimonio documental aumentan, e en 2011 inaugúrase un novo edificio para a Policía Local onde se deposita o arquivo histórico de Concello de Ribeira. Na actualidade estanse a realizar proxectos para a descripción e dixitalización do acervo documental da cidade co obxectivo de difundir este patrimonio a través do portal de arquivos Galiciana.

3.2. Contexto

Contexto cultural y geográfico:
Ribeira é un concello da provincia de A Coruña, situado dentro da comarca do Barbanza. Cunha superficie de 68,83 kilómetros cadrados, o municipio conta máis de 27.000 habitantes, sendo o seu núcleo máis poboado Santa Uxía de Ribeira. O concello atópase dividido en nove parroquias, sendo estas Aguiño, Artes, Carreira, Castiñeiras, Corrubedo, Oleiros, Olveira, Palmeira e Ribeira.

3.3. Atribuciones

Atribuciones/Fuentes legales:
A normativa legal aplicable aos arquivos municipais e aos fondos que estes custodian é a seguinte: > Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español. > Lei 5/2016, de 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. > Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. > Decreto 15/2016, do 14 de xaneiro, polo que se regula a composición e o funcionamento do Consello de Avaliación Documental de Galicia e o procedemento de avaliación e selección de documentos. As funcións atribuídas aos arquivos, de conformidade da normativa legal citada, son as seguintes: > A xestión documental e a información: Os arquivos públicos participan na xestión documental das administracións públicas e facilitan o acceso aos documentos e á información que conteñen, de forma presencial e a través de medios electrónicos, mediante a consulta, a reprodución directa ou a través dos instrumentos de referencia correspondentes. > Protección e promoción do patrimonio documental: Ademais das mencionadas no artigo anterior, son funcións dos arquivos públicos de carácter histórico as seguintes: a) Promover a recuperación ou reprodución dos documentos constitutivos do patrimonio documental galego ou de interese para Galicia que estean fóra da Comunidade. b) Promover a incorporación, por calquera medio legal, de fondos documentais privados que posúan interese cultural. c) Promover a conservación, organización e descrición dos fondos documentais de carácter permanente que custodien. d) Desenvolver accións de divulgación e de formación entre os cidadáns dos fondos documentais que custodien. e) Promover o desenvolvemento local mediante a colaboración cos centros educativos e asociacións culturais do seu contorno na divulgación do patrimonio documental.

3.4. Estructura administrativa

Estructura administrativa:
O Arquivo Municipal de Ribeira atópase integrado dentro do departamento de Secretaría Xeral do Concello de Ribeira

3.5. Gestión de documentos

Gestión de documentos y política de ingresos:
Por transferencia directa dos servizos municipais. Tamén ten ingresado fondos documentais mediante doazón ou compra.

3.6. Edificio(s)

Edificio

Nombre:
Arquivo Municipal de Ribeira
Descripción:
O Arquivo Municipal de Ribeira divídese en dous depósitos, situados o primeiro na Casa do Concello, segunda pranta, cun carácter administrativo e de 141 metros cadrados, e o segundo na Policía Local, terceira e cuarta prantas, cun carácter histórico e de 132 e 123 metros cadrados respectivamente. No segundo depósito atópanse espazos adicados ás labores dos traballadores e dos investigadores e cidadáns.
Superficie (m2):
396
Capacidad (m. lineales):
2000

3.7. Fondos

Fondos y otras colecciones custodiadas

Nombre del enlace al cuadro de clasificación:
Cuadro de clasificación
Enlace al cuadro de clasificación:
https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/clasificacionJerarquica/clasificacion.do?idArchivo=90
Descripción:
O arquivo conserva un total de case 2000 metros lineais de documentación, repartida entre os seguintes fondos: -Concello de Ribeira -Faro de Corrubedo -Preito da lagoa de Carregal -Fondos persoais

3.8. Instrumentos

Instrumentos de descripción, guías y publicaciones:
Índices e inventarios dalgúns fondos e seccións en soporte papel ou en fichas catalográficas, dende finais do século XIX. Na actualidade estase a desenvolver un programa de dixitalización e descrición, cuxos resultados poden consultarse no portal Galiciana. Repositorio dixital: https://www.ribeira.gal/arquivo-historico-dixital-de-ribeira Catálogo documental: http://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/es/archives/archive-card.do?id=90

4.1. Horarios de apertura

Horario de apertura:
Horario de inverno e verán, de luns a venres, ás 09:30 horas
Horario de cierre:
Horario de inverno, de luns a venres, ás 14:00 horas. Horario de verán, de luns a venres, ás 13:30 horas.

4.2. Condiciones y requisitos para el uso y el acceso

Términos de uso:
Acceso libre e gratuíto para todos os cidadáns previa solicitude mediante instancia da documentación a consultar. Presentación de Documento Nacional de Identidade. Existen condicións para a reproducción da documentación. As reproduccións de documentación teñen un custo asociado, exceptuando as investigacións de carácter científico e histórico. No caso do arquivo histórico existe un control de acceso.

4.3. Accesibilidad

Accesibilidad:
Acceso apto para discapacitados.

5.1. Servicios de ayuda a la investigación

Servicio

Tipo de servicio:
Sala de investigadores
Número de puestos:
1
Número de ordenadores:
1
Descripción del servicio:
O Arquivo conta cun posto de consulta para un usuario, situado xunto aos postos dos traballadores. Existe conexión á rede. Ademais, conta cunha biblioteca auxiliar con materiais referentes á vila de Ribeira.

5.2. Servicios de reproducción

Reproducción

Descripción del servicio:
O Arquivo conta cunha fotocopiadora multicopista e un escáner de planos
Nivel de detalle:
Borrador
Nota privada:
Identificador da descrición: ES.GA.15073.AM.001 Identificador da Institución: ES.GA.15073.AM Regras e/ou convencións: International Standard for Describing Institutions with Archival Holding. First Edition (ISDIAH) Estado de elaboración: Definitivo Nivel de detalle Completo Datas da descrición Novembro de 2021 Lingua(s) e escritura(s): Galego Primeira versión: Novembro de 2021