A Universidade da Coruña foi creada en 1989. A Lei 11/1989, de 20 de xullo, de universidades de Galicia, creou a Universidade da Coruña por segregación da Universidade de Santiago de Compostela. Pero antes diso A Coruña dispuña de centros de ensino de rango universitario. Pódeses distinguir un período de 1970 a 1989 durante o cal A Coruña e Ferrol contaron con centros universitarios adscritos ou integrados na Universidade de Santiago de Compostela. Ademais de Comercio, Maxisterio e Peritos Navais, convertidos en escolas universitarias en 1972, créase a Escola de Arquitectura Técnica (1971), transformada en escola universitaria en 1972; o Colexio Universitario (1972), adscrito nun primeiro momento e posteriormente integrado na Universidade de Santiago de Compostela, con seccións de Ciencias, Económicas, Filoloxía e Filosofía e Ciencias da Educación; a Escola Técnica Superior de Arquitectura (1973), integrada desde os inicios na Universidade de Santiago de Compostela, e que foi o primeiro centro de carácter superior co que contou A Coruña; a Escola Universitaria de Informática (1986) e a Facultade de Dereito (1987). En 1978 tamén se adscribiron á Universidade de Santiago de Compostela, como Escolas Universitarias de Enfermaría, as Escolas de Axudantes Técnicos Sanitarios da Residencia Sanitaria da Seguridade Social da Coruña e do Hospital da Mariña da Zona Marítima do Cantábrico de Ferrol. Neste período emerxerá o Campus da Zapateira para acoller as dúas escolas de Arquitectura e o Colexio Universitario. A devandita Lei 11/1989 estableceu que a Universidade da Coruña tería a súa sede na cidade da Coruña e que se integraría nela o Campus de Ferrol. Igualmente, a lei sinalou, que sen prexuízo dos novos centros que se poidesen crear, a Universidade da Coruña contaría con aqueles centros onde se ubicaban as facultades, escolas técnicas superiores, colexios universitarios, escolas universitarias, así como outras instalacións complementarias situadas nos Campus da Coruña e Ferrol e pertencentes á Universidade de Santiago de Compostela. O Decreto 3/1990, de 11 de xaneiro, de segregación de centros e servizos da Universidade de Santiago e integración nas universidades da Coruña e Vigo, estableceu os centros que inicialmente se integraron na Universidade da Coruña. Posteriormente, fóronse integrando outros centros, ata alcanzar un total de 21 centros propios e 3 adscritos. Os primeiros Estatutos da Universidade da Coruña foron aprobados polo Decreto 253/1992 e reformados polos decretos 245/1998 e 41/2000. Tras da publicación da Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades aprobáronse uns novos estatutos polo Decreto 101/2004. Coa Lei Orgánica 4/2007, de 12 de abril, pola que se modifica a Lei Organica 6/2001, de 21 de decembro de 2001, de Universidades a nova modificación dos estatutos que foi aprobada polo Decreto 194/2007. Desde a primeira redacción dos seus Estatutos, a Universidade da Coruña configurouse como unha institución pública, dotada de plena personalidade xurídica e patrimonio propio, a quen lle corresponde o servizo público da educación superior. Os principais órganos de goberno da Universidade da Coruña son: a) Colexiados: Consello Social, Consello de Gobierno (ata o ano 2004 denominado Xunta de Goberno), Claustro Universitario, xuntas de facultade, de escola, consellos de departamento e institutos universitarios. b) ) Unipersonais: reitor ou reitora, vicerreitores ou vicerreitoras, secretario ou secretaria xeral, xerente, decanos ou decanas, vicedecanos ou vicedecanas e secretarios ou secretarias de facultades, directores ou directoras, subdirectores ou subdirectoras e secretarios ou secretarias de escolas, directores ou directoras e secretarios ou secretarias de departamentos; directores ou directoras de institutos universitarios de investigación.
Os reitores da Universidade da Coruña foron: José Antonio Portero Molina (1989-1990); José Luis Meilán Gil (1990-2003); José María Barja Pérez (2004-2011); Xosé Luís Armesto Barbeito (2012-2015) e Julio E. Abalde Alonso (2016-...). A reitoría da Universidade da Coruña atópase no edificio da Maestranza, na Cidade Vella da Coruña. Os diversos centros da universidade están situados nos campus da Coruña e Ferrol.
Última actualización: 05/03/2016
Historia archivística
Ata a creación da UDC (1989) os centros docentes de rango universitario radicados na Coruña dependían da Universidade de Santiago de Compostela e transferían o seu fondo documental ao Arquivo Histórico Universitario de Santiago. Desde 2003 a UDC contou co Centro de Documentación e Arquivo (CEDAR), como unidade especializada no arquivo e a xestión documental. Desde 2006, coa localización definitiva do CEDAR no seu actual emprazamento (no Edificio Xoana Capdevielle, situado no Campus de Elviña) os centros, unidades e servizos da UDC efectúan as transferencias documentais ao Arquivo que custodia o patrimonio documental da UDC. Última actualización 05/02/2013
Alcance y contenido
Contén os seguintes elementos:
- Expediente administrativo de organización das 23 Jornadas de Archivos Universitarios: dosier, calendario, deseños, comunicados, documentación sobre os relatores, actos, web e documentación económica (caixa 5034)
- Material promocional entregado nas 23 Jornadas: bolsa de tea, paraugas, memoria USB; bolígrafo, carpeta e block de notas da UDC; folletos das empresas; e folletos turísticos dos concellos da Coruña, Ferrol e Mugardos (caixa 5035)
- Modelo de título entregado aos asistentes (caixa 5035)
- Disco óptico con fotografías profesionais (caixa 5036)
- Disco óptico con documentación web (caixa 5036)
- Disco óptico con fotografías dos organizadores (caixa 5036)
- Discos ópticos (DVD) cos documentos de audio e video dos actos das xornadas: unha gravación orixinal e unha copia (caixa 5036)
- Dous carteis enrolables (enaras) e un cartel en tres pezas localizados predepóstito
Condiciones de acceso
Lengua:
Galician
Spanish; Castilian
Escritura:
Mecanografiada
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Notas
Nota al área de identificación
O campo 1.5 (Volume) deste fondo foi actualizado por última vez o día 07/01/2020.