O Movemento contou sempre cunha Delegación Nacional dedicada ao encadramento da Xuventude: primeiro, coa denominación de organizacións xuvenís (ata 1940); despois, como Fronte de Xuventudes (1940-1970); e de 1970 a 1977, como Delegación Nacional da Xuventude. Coa excepción dos primeiros anos, acolle unicamente a xuventude masculina, mentres que as mozas quedan en mans da Sección Feminina.
A Lei de decembro de 1940 que institúe a Fronte de Xuventudes marca como obxectivos a “educación política, física e deportiva, cultural, moral, social e relixiosa” da xuventude española. Conta co monopolio do control sobre a docencia das disciplinas de Educación Política, Física e Deportiva a través dun Servizo Nacional de Instrutores, funcionarios da Fronte de Xuventudes que imparten esas ensinanzas nos centros de bacharelato, xestionan os centros propios da delegación (colexios menores, residencias, etc) e serven de dirixentes na organización xuvenil.
Contou ademais sempre cunha organización xuvenil, chamada precisamente así (Organización Xuvenil) durante os anos da Guerra Civil; despois, Falanxes Xuvenís de Franco (1940-1960); e Organización Xuvenil Española (OXE) nos seus últimos anos, de 1960 a 1977.
Da delegación dependía tamén o Sindicato Español Universitario (SEU), aínda que este gozou sempre dunha grande autonomía.
Segundo unha orde publicada na Revista de Mandos nº 5, correspondente ao mes de abril de 1942, nas delegacións provinciais da Fronte de Xuventudes existirá a mesma organización que na Delegación Nacional, aínda que adaptada á súa menor amplitude. Non haberá departamentos nin asesorías: todos toman o nome de servizos. O delegado provincial asume a xefatura das falanxes de voluntarios; o secretario provincial, o Servizo de Organización; despois están as seccións: SEU, Frechas, Aprendices e Feminina, mais os seguintes negociados:
- Relixión e Moral
- Cultura, Arte e Publicacións
- Administración
- Formación Nacional Sindicalista, Educación Física e Educación Premilitar
- Campamentos e Albergues
- Sanidade
A Orde do 18 de novembro de 1970, pola que se aproba a norma orgánica da Delegación Nacional da Xuventude, regula os servizos provinciais: á fronte, un delegado provincial, co mando directo sobre delegacións locais, dependencias, centros e servizos que a Delegación da Xuventude manteña no eido provincial. Hai un secretario provincial que xestiona os asuntos de carácter económico e administrativo, un Departamento de Participación e outro de Formación.
Historia archivística
A documentación chegou ao Arquivo do Reino de Galicia mediante unha transferencia irregular: tratouse máis ben dunha recuperación ante unha posible destrución. Nos anos 80 do século XX, (aproximadamente no 1989), ante o inminente traslado da sede da delegación, o persoal do ARG achegouse ata o edificio da praza de Pontevedra para recoller toda a documentación "almacenada" no depósito das caldeiras. Por suposto, sen ningún tipo de clasificación nin identificación ou relación. Así, o que nun principio parecía unicamente documentación da Fronte de Xuventudes, abrangue tamén documentos da Sección Feminina, do SEU, da delegación provincial do Ministerio de Cultura, e mesmo da Consellería.
Así, pódese afirmar que estamos ante nove fondos, herdeiros os últimos do primeiro. Serían:
- a documentación da Xefatura Comarcal do Movemento de Betanzos;
- a da Delegación Provincial de Xuventudes;
- a da Sección Feminina;
- a da Delegación Provincial de Asociacións / Familia;
- a Delegación Provincial do Ministerio de Información e Turismo;
- a Delegación Provincial do Ministerio de Educación e Ciencia;
- a Delegación / Dirección Provincial do Ministerio de Cultura;
- a Delegación Provincial da Consellería de Cultura;
- a Delegación Provincial da Consellería de Turismo, Xuventude e Deportes.
E un décimo fondo, a documentación da "Sociedad La Terraza" chegou mesturada con estes fondos, probablemente porque compartiran as mesmas instalacións.
Alcance y contenido
O conxunto da documentación deste fondo custodiada no Arquivo abarca os anos 1936-1982; predomina a correspondente á década de 1960-1970.
Polo que respecta ás series, o maior número corresponde á sección de Administración. Trátase de todos os xeitos de series moi curtas; as máis voluminosas son as de Movementos de caixa, os Diarios memoria de campamentos e as do SEU: Solicitudes de carnés internacionais e Solicitudes de subvencións para viaxes.
Trátase, pois, dun fondo que ilustra a atención dedicada á xuventude polo Estado franquista.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre en xeral.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lengua:
Spanish; Castilian
Escritura:
Mecanografiada
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Descripción del estado de conservación:
Trátase de documentación textual sobre papel, en bo estado de conservación. Tamén hai unha caixa con fotografías
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Hai unha parte da documentación xa descrita que conta cun Inventario en fichas (Ficheiro 343). Pode considerarse como relacionada a documentación das institucións do Movemento Nacional: Xefatura Comarcal do Movemento de Betanzos, Delegación Provincial da Sección Feminina e de Asociacións / Familia. Tamén é documentación complementaria a da Delegación Provincial do Ministerio de Información e Turismo, do Ministerio de Educación e Ciencia, do Ministerio de Cultura, da Consellería de Cultura e da Consellería de Turismo, Xuventude e Deportes. Atoparemos documentación complementaria nos arquivos históricos provinciais e no Arquivo Xeral da Administración de Alcalá de Henares.
Notas
Nota general
As unidades de instalación están compartidas con outros fondos.
Conta con instrumentos de traballo complementarios: estudos das series identificadas e base de datos de lexislación.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia