A xurisdición de Naraío conta cun meiriño e xustiza ordinaria nomeado polo Conde de Lemos, que entende en primeira instancia os negocios civís e criminais. Como autoridade máxima nas vilas que non eran cabeza de partido, ademais da súa función xudicial tamén exercía funcións de goberno. Desta meirindade dependía o couto de Anca.
Esta configuración cambia cando entra en vigor o Decreto da Suprema Xunta de Goberno de Galicia do 3 de marzo de 1820, que divide a provincia en 47 partidos e establece un xulgado de primeira instancia en cada un deles.
Seguindo co proceso reestruturador, o Decreto do 5 de marzo de 1820 suprime os xulgados ordinarios ou de primeira instancia do foro ordinario e conserva unicamente os de cabeza de partido. Desde o momento en que toman posesión os xuíces dos partidos, cesan os corrixidores, alcaldes, meiriños, xuíces e aqueles que viñan administrando xustiza en primeira instancia.
Na Orde da Suprema Xunta de Goberno de Galicia do 13 de abril inclúese Santa María de Naraío no partido de Ferrol, aínda que conserva a tramitación dalgúns asuntos civís perante o seu alcalde constitucional.
Pero cando remata o Trienio Liberal, todo volve á situación anterior. Haberá que esperar ata 1834 para que desaparezan coutos e xurisdicións. Así, o Real decreto do 21 de abril dese mesmo ano ordena que cesen todos os alcaldes ordinarios e que os procesos e os expedientes que teñan abertos llelos remitan aos xuíces letrados das cabezas de partido (neste caso, ao de Ferrol).
Historia archivística
Este fondo ingresou por transferencia o 16 de novembro de 1982. Viña mesturado coa documentación do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Ferrol, que foi o encargado de transferir ao Arquivo do Reino de Galicia o fondo da antiga xurisdición de Ferrol.
A chegada destes documentos ao Xulgado de Ferrol explícase no expediente de execución do Decreto da Suprema Xunta de Goberno de Galicia do 3 de marzo de 1820 (5143/12). O novo decreto establecía a obriga de construír ou dedicar unha peza para arquivo na capital cabeza de partido; nesa peza debíanse gardar todos os procesos civís e criminais correspondentes ás vilas, xurisdicións e coutos indicados, ademais dos protocolos dos escribáns que falecesen no seu distrito, con formal lista duns e doutros, con expresión do seu estado e foliación (fol. 3). O decreto tamén dispuña, no seu artigo 11 (fol. 6), que unha vez que o xuíz tomase posesión do seu cargo, debía obrigar os escribáns a entregar no xulgado os procesos civís e criminais do seu partido; e os que pertencesen a outro, ao xulgado correspondente.
Por iso, o 20 de abril de 1820, o notario da xurisdición de Naraío, José Vicente Varela Brandariz, entrega a xurisdición e todos os expedientes pendentes que estaban no seu poder, acompañados dunha relación de catro follas.
A documentación reflicte que recupera a súa actividade cando remata o Trienio Liberal, mais non consta que os expedientes saísen de Ferrol para os seus antigos xulgados.
A seguinte transferencia en masa a este xulgado quedou recollida no “Expediente sobre a incorporación de parroquias do partido xudicial de Ferrol e razón dos asuntos civís e criminais que se van recibindo, e escribáns que os recollen ou que por ser orixinarios os reteñen no seu poder para a súa continuación” (5.207/20). Cumpríanse así as disposicións do Real decreto do 21 de abril de 1834: que cesasen todos os alcaldes ordinarios das vilas e que lles remitisen aos xuíces letrados das cabezas de partido todos os procesos e expedientes que tivesen abertos.
O 20 de setembro deste ano, Vicente Arias de Saria, escribán de número de Ferrol, recibe os expedientes e causas entregados polo alcalde pedáneo da xurisdición de Naraío e Anca.
Alcance y contenido
Este fondo documental comprende non soamente expedientes relacionados coa función xudicial (Causas, Contas de tutela, Expedientes de demarcación e deslinte, Expedientes de partillas, Expedientes de ratificación de escrituras, Expedientes de reconto e inventario e Preitos), senón tamén outros que reflicten a súa función de goberno: Expedientes de arrendamento de impostos, Expedientes de solicitude, Expedientes de Sorteo de Mozos, etc.
Clase de documento:
Textual
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre en xeral.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lengua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Estado de conservación:
Regular
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Real Audiencia de Galicia, Audiencia Territorial de Galicia, Real Intendencia de Galicia, Xulgado da vila de Ferrol e da Graña/Xulgado de primeira instancia de Ferrol, Subdelegación de Rendas de Ferrol, Xulgado de Guerra e Mariña, Documentación notarial, Xurisdicción de Meroi e coutos agregados, Superintendencia da Real Casa da Moeda de Xuvia.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia