Nace en San Xoán de Ouces, lugar de Bergondo, en 1867. Foi Piloto Mercante de carreira e historiador e filólogo de profesión, sobresaíndo os seus estudios sobre a Historia de Galicia.
Membro fundador da Real Academia Galega, en 1907 é nomeado Arquiveiro Bibliotecario, trala renuncia de Galo Salinas, o primeiro en ocupar este posto.
A partir do ano 1934, será o Cronista Oficial da Coruña, tralo pasamento do anterior cronista, Eugenio Carré Aldao.
Ao longo da súa vida colaborou con numerosas institucións: foi académico correspondente da Real Academia da Historia, e da Real Sociedade Xeográfica; do Museo del Pueblo Español; e do Centro de Estudios Históricos e Instituto de Estudios Medievales de Madrid, ademais de profesor no Instituto de Estudios Portugueses de Madrid.
Na Coruña desenvolveu tarefas de académico numerario da Real Academia de Belas Artes, sendo tamén bibliotecario da mesma; bibliotecario da Liga Galega (1907), e secretario da Sección de Ciencias Históricas do Instituto de Estudios Gallegos da cidade.
En Portugal participou no Instituto Histórico do Miño, onde será recoñecida a súa tarefa co título de socio de mérito, e membro da Asociación de Arqueólogos Portugueses, de Lisboa.
Tamén será recoñecido como socio de honra da Asociación Iniciadora e Protectora da Real Academia Galega na Habana.
Morre na Coruña, no ano 1942.
Historia archivística
Na Real Academia Galega conservábase correspondencia, notas e outros documentos reunidos por César Vaamonde con motivo dunha investigación sobre a fábrica de moedas de Xuvia (Neda) e que deixou sen rematar á súa morte. Descoñécese a procedencia desta documentación, se ben é posible que quedase na Academia tralo falecemento de César Vaamonde, que era nese momento o seu arquiveiro-bibliotecario.
Con este grupo documental creouse o fondo persoal de Vaamonde Lores.
Posteriormente, o 15 de setembro de 2008, Felipe Senén López, Presidente da Asociación de amigos dos Museos de Galicia, doa un novo grupo documental pertencente ao historiador e académico, que se integra no fondo xa existente no arquivo da Real Academia Galega en decembro de 2009. Esta documentación procede de Marina Cortizas, familiar de César Vaamonde. A súa chegada á Academia a documentación estaba ordenada en tres grupos, un con correspondencia entre o Vaamonde e Julio Dávila, outro con correspondencia entre Vaamonde e outros intelectuais, e, finalmente, unha carpeta con notas, apuntamentos, fotografías, impresos, etc.
Alcance y contenido
A maior parte da documentación a forman cartas recibidas por César Vaamonde e borradores das que el remitiu a diferentes intelectuais e historiadores tanto galegos como doutras partes de España e doutros países. O grupo máis abundate o conforman as que foron cruzadas entre el e Julio Dávila (1871-1971), empresario e escritor galego emigrado á Arxentina. Hai tamén unhas poucas cartas entre os seus irmáns, Florencio, Brígida e Emilia.
A continuación consérvase un conxunto de cartas, notas, impresos e copias de documentos antigos, reunidos no curso dunha investigación sobre a fábrica de moedas de Xuvia (Neda), na que, según Manuel Casás (BRAG, t. XXIII, p. 49) estaba a traballar pouco antes de morrer e que deixou incompleta se ben publicou varios artigos sobre a fábrica no"Boletín da Real Academia Galega" (t. XXII).
Seguen varias notas, cartas, impresos, recortes de prensa e documentación antiga acumulada como resultado dos seus traballos de investigación.
Finalmente hai dúas fotografías de carácter familiar.
Cronoláxicamente por un lado está a documentación antiga, recollida polo historiador durante as súas investigacións e que vai desde o século XVII ata mediados do XIX, e por outro, os papeis producidos directament por el e que se concentran, principalmente, nos últimos trinta anos da súa vida (entre 1917 ata 1942).
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Lengua:
Spanish; Castilian
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Hai unha colección de documentos doada a RAG por César Vaamonde Lores.
Notas
Nota general
Forma de ingreso: César Vaamonde Lores deixou o seu arquivo (ou parte del) a RAG aínda que non haxa constancia da doazón. Pode ser que estea fragmentado en distintos conxuntos temáticos.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia