Pedro Ramiro Mariño Ortega naceu en Benavente (Zamora) no 1865. Realizou os seus estudos de arquitectura en Madrid entre 1881-1892; ano, este último, no que presentóu o proxecto de fin de estudos titulado "Ministerio de Fomento". Unha vez rematados os seus estudos en Madrid, regresou á sua cidade natal, e comeza a traballar no estudio de Segundo Viloria Escarda. A fins de 1893, ingresou no corpo de "Arquitectura de Hacienda" polo que é destinado á cidade da Coruña.
Ao ano seguinte abandona este posto e ocupa como interino a praza de arquitecto municipal desta cidade, e confirma en propiedade o posto en outubro do mesmo ano. Igualmente desempeñou, no propio concello, o cargo de arquitecto-xefe do corpo de Bombeiros. Exerceu ademais de arquitecto diocesano do Bispado de Santiago de Compostela. Como membro de asociacións e academias hai que destacar a sua pertenza á "Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario" e á "Asociación de Arquitectos de Galicia", do que chegou a ser presidente.
Se o seu labor como arquitecto municipal foi moi fructífero, non foi menos o seu labor particular a traves do seu estudio ubicado na sua casa da rúa da estreita de san Andrés nº 15. O 2 de setembro de 1931 falecéu na Coruña.
Durante os 37 anos que exerceu o cargo de arquitecto municipal realizou numerosas obras entre as que destacan: o Palacio municipal, o matadoiro municipal, as escolas do Orzán, os proxectos dos Grupos escolares Concepción Arenal e Curros Enríquez, o Dispensario Antituberculoso, o Pabellón das colonias do sanatorio de Oza...
Ebtre as obras privadas sobresaen: O "Banco de La Coruña" (hoxe Bilbao), "La Voz de Galicia" da rúa Montoto, a ampliación do Palace Hotel...
Alcance y contenido
Os documentos desta doazón, a pesares do seu número reducido, complementan a documentación custodiada neste Arquivo municipal. Mália que o fondo redúcese prácticamente a un grupo de planos e fotografías, é interesante destacar a existencia dos diferentes proxectos relativos á construción do Palacio municpal e os proxectos dos Grupos escolares. Doutra banda, as fotografías, tanto familiares como de edificios, proporciónannos información relativa ao arquitecto, á época e aos fotógrafos máis destacados na mesma.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
A maior parte dos documentos son de libre acceso. Só se restrinxe o acceso naqueles documentos que están afectados polos supostos legais establecidos no artigo 105-b da Constitución (averiguación dos delitos, intimidade das persoas e seguridade do Estado). Por iso, nalgunhas series esta limitación se establece en 1965 e noutras en 1900.
Tamén, de xeito excepcional, en determinadas unidades de instalación pode restrinxirse o acceso segundo o estado de conservación dos documentos.
Normativa:
Documentos de carácter público
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
Está suxeita ás taxas e prezos públicos fixados o 14 de setembro de 1995 polo Concello na sua Ordenanza nº 32, reguladora do prezo público por prestación de servizos e utilización de instalacións culturais, educativas e análogas de titularidade municipal. En canto ás reproducións mediante fotocopia, ao ser planos e fotografías, están suxeitas ás normas internas do centro, é dicir, non se permite a sua reprodución mediante este procedemento.
Lengua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Descripción del estado de conservación:
Para facilitar o seu manexo os planos atópanse encapsulados e ubicados nun planeiro. As acuarelas relativas aos proxectos escolares terán que ser sometidas a un proceso de restauración
Documentación relacionada
Existencia y localización de originales
Localización de originales: Os orixinais das fotografías familiares están en posesión dos seus herdeiros
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Existen copias: Existen copias dalgúns planos do proxecto de edificación da Casa consistorial no expediente de obras municipais da mesma, no fondo do Concello da Coruña que se conservan neste Arquivo. (AMC-AC. C-7409,7410,7411,7412,7413 e 7414)
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Complementan este fondo:
-2.Administración. Persoal-Expedientes persoais-Expediente persoal de Mariño Ortega, P.R.
-3.Servizos. Obras e Urbanismo
-Planeamento:
Expedientes de aliñacións e rasantes
Expedientes de obras municpais-apertura de rúas
-Obras municipais
Expedientes de obras municipais- Edificacións e reforma
-Obras particulares
Expedientes de obras particulares
Notas
Nota general
As fotografías de familia son copia dos orixinais que están en posesión dela. Estas copias foron realizadas en 1998 e de aí o salto cronolóxico da unidade de descrición.
Este fondo expúxose, xunto con outras pezas procedentes dos fondos municipais nunha exposición dedicada a Pedro Mariño na Sala Palacio de Exposicións Kiosko Alfonso, do 17 de outubro ao 23 de novembro de 1997. O catálogo da citada exposición foi o libro de Fernández Fernández citado na bibliografía.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia