No diario.El Español” do 17 de setembro de 1847 publícase o Real Decreto do 13 de setembro polo que se establece un plan xeral de iluminación marítima das costas españolas e illas adxacentes, e entre os faros de terceira orde proponse a Corrubedo Os dous faros que se divisan desde Corrubedo, Finisterre e Cíes, son propostos como de primeiro e segunda orde respectivamente.
No Diario Oficial de Avisos de Madrid do 14 de outubro de 1851, a Dirección Xeral de Obras Públicas, por Reais Ordes do 18 de setembro de 1851, fíxase a licitación pública o 20 de novembro do mesmo ano para contratar a construción das torres dos faros de Cabo Corrubedo e illas de Sálvora e Arousa.
Foi construído con planos do enxeñeiro Celedonio Uribe, que ten abundante obra e reformas urbanísticas en Ribeira na segunda metade do século XIX. Está situado no extremo de Cabo Corrubedo, pouco elevado sobre o mar, forma parte da península da Barbanza e marca, polo sur, a entrada da ría de Muros-Noia. Comezou a funcionar alimentado por aceite, posteriormente cambiou a petróleo e desde 1934 utiliza corrente eléctrica.
O faro construíuse sobre a punta máis saínte e elevada, nun lugar desde onde se ven claramente as luces dos faros de Finisterre e das illas Cíes. Os traballos comezaron en maio de 1852 por un importe de 99.413 pesetas terminándose nun ano, e o aparello do faro estaba colocado en xullo, apenas dous meses despois cun custo de instalación de 6673 reais. Con todo, a súa iluminación non se produciu ata o 20 de febreiro de 1854.
O edificio é semicircular na fachada ao mar e rectangular, na oposta, tal disposición procura reducir o efecto dos temporais. A torre, sostén o equipo luminoso cuxa altura de foco sitúase a 14 metros sobre o terreo e a 32 sobre o nivel medio do mar. Ao ser faro de terceira orde, o edificio inclúe as habitacións necesarias para dous torreiros, os almacéns e ademais un cuarto para o encargado da vixilancia. A torre está comprendida no interior .
Tiña una lámpada mecánica atendida por dous torreiros e daba a aparencia de luz fixa branca cun alcance de 15 millas náuticas. Para balizar as restingas que chegaban ata a punta do cabo, dotóuselle dun sector vermello cuxa intensidade se reforzou en 1882.
“EL NOROESTE” do 19 de xaneiro de 1910 publica que se aprobou o orzamento de gastos e o estudo de proxecto de ampliación para a reforma do edificio que ocupa o Faro de Corrubedo, pero ata o 26 de abril de 1913 en que A CORRESPONDENCIA DE ESPAÑA publica que S. M. o Rey asinouos correspondentes decretos nos que se autoriza ao ministerio de Fomento para adquirir por concurso o novo aparello e lanterna que ha de montarse no faro de Corrubedo, non hai noticias do mesmo. O mesmo Real Decreto tamén autoriza a comprar o aparello para a illa de Sálvora.
O Diario Oficial de Avisos de Madrid do 13 de xaneiro de 1911 publica a aprobación por Real Orde do proxecto de aparello e lanterna e orzamento de adquisición, transporte e montaxe para o faro de Corrubedo.
A pesar da diferenza de característica co faro de Sálvora, na práctica confundíanse e orixináronse algúns accidentes como o do buque mercante Salier, ocorrido na noite do 7 ao 8 de decembro de 1896, no que perderon a vida 280 persoassen ningún sobrevivente, ou o do Palermo, naufragado na noite do 11 ao 12 de decembro de 1910 e que custou as vidas ás 24 persoas que nelviaxaban. Isodeu lugar en 1912 a unha reclamación do goberno alemán
As reformas, dirixidas por Rafael de la Cerda,termináronse o 24 de xullo de 1921,
A raíz do naufraxio do SANTA ISABEL , en Sálvora ,o 4 de xaneiro de 1921 especulouse coa posibilidade dunha confusión do seu capitán entre as luces dos faros de Sálvora e Corrubedo, polo que en 1934, a pedimento dos navegantes, cámbiase a característica do faro de Corrubedo a cor vermella,. Ao ano seguinte electrificouse.
Historia archivística
.O Libro rexistro de Servizos do Faro de Corrubedo foi doado por un antigo conserxe municipal do CEIP Palmeira, que recibiu o encargo dun particular de encadernar un libro, que posteriormente non foi recollido. O citado traballador municipal entregouno logo no Arquivo.
O outro documento que forma parte do citado fondo sobre o Faro de Corrubedo trátase dun libro rexistro da correspondencia que, como no caso anterior, foi consignado polo persoal do Faro (fareiro). Este ingresou no arquivo grazas á doazón dun particular da parroquia, propiciada polo investigador Francisco Sánchez Fraga, quen o cedeu ao Concello.