Antigamente esta parroquia chamábase de Pera Rubias e Peras Rubias, que é o mesmo que Piedras Rubias, por dicirse piedra, pera. Este nome lle ven das moitas peñas que se atopan no lugar e que teñen unha cor similar ó rubio. Con anterioridade estiveron unidas a esta parroquia en calidade de anexos as de San Xurxo de Salceda e San Salvador de Nogueira. Despois do 19 de outubro de 1694 e por solicitude de don Luis Troncoso de Lira, cabaleiro da orde de Alcántara, señor da Picoña, e co consentimento de don García de Losada y Sotomayor, abad de Parderrubias e os seus anexos, e de don Francisco de la Carrera Bugarín, abad de San Martiño da Picoña, fíxose unha permuta co bispo de Tui, don fray Anselmo Gómez de la Torre, no que o don Luis deu ó prelado o anexo de Nogueira, que era da súa presentación como a matriz, e o último deu ó primeiro a parroquia de San Martín da Picoña para que se unise á de Parderrubias en clase de anexo. Esta permuta foi aprobada polo Nuncio o 11 de novembro do 1694. No ano de 1739 por morte do abade de Parderrubias e a instancias de don Pedro Troncoso de Lira desmembráronse da presente parroquia os anexos de San Xurxo de Salceda e San Martiño da Picoña, colocando nela abades propios con total independencia de Parderrubias. Fixo a desmembración o bispo don Fernando Ignacio de Arango y Queipo. A igrexa atopábase lonxe do pobo e trasladouse ó centro entre 1815 e 1824. É Parderrubias cabeza de viscondado, tíduo incorporado ós marqueses de Abendaña pola casa e maiorazgo que levan tituado do Castro, sito nela.
O Arquivo Histórico Diocesano foi erixido en 1974 para asegurar e difundir o patrimonio documental conservado nos arquivos parroquiais da diocese con dilixente esmero por parte dos párrocos. Ese inaprezable tesouro chegou íntegro ata nós, salvo moi contadas excepcións, nas que sufriu deterioros por deixamento persoal ou por destrución a mantenta, coma no caso do saqueo e queima dos arquivos das parroquias do Porriño, de Vilavella e de Redondela polos franceses en 1809. Para evitar perdas irreparables das fontes que posibilitan a reconstrución da vida relixiosa, cultural, económica e social dos tempos pretéritos, en 1971 a Conferencia Episcopal Española determinou que se transferiran os arquivos parroquiais con máis de cen anos de antigüidade ó Arquivo Histórico Diocesano. Facéndose eco da importante iniciativa, o Boletín Oficial del Obispado de Tuy-Vigo, número 115 (1974), publicou o decreto do entón bispo da diocese, D. José Delicado Baeza, no que dicía: “De conformidade co acordo da Confederación Episcopal Española dispoñemos que os arquivos parroquiais con antigüidade de cen anos se transfiran ó arquivo xeral diocesano, conservando a súa propiedade as respectivas parroquias”. Co mencionado decreto de 1 de maio de 1974 creouse o Museo e Archivo Diocesano baixo a dirección do sempre lembrado D. Jesús Gómez Sobrino. Ambas entidades patrimoniais e culturais permaneceron unidas e ocuparon o nobre edificio do antigo hospital de pobres e peregrinos, inmediato á catedral, que o prelado D. Juan Manuel Rodríguez Castañón construíra ás súas expensas en 1756 sobre outro anterior, levantado no século XVI. Polo 1983, para mellorar o ordenamento físico do Arquivo Capitular, habilitáronse as dependencias do non utilizado pazo de contaduría, sito no lado norte da catedral. As obras realizáronse no 1797, sendo bispo D. Juan García Benito. No ano 1994 trasladouse tamén alí o Arquivo Histórico Diocesano. Dende xuño de 1998, xa co bispo actual, D. José Diéguez Reboredo, separáronse totalmente os arquivos Catedralicio e Diocesano do Museo Histórico Diocesano. O Arquivo Diocesano dispón, ademais, dunha biblioteca especializada en temas históricos para facilitar o traballo dos investigadores.
Forma jurídica del ingreso: Depósito
A produzón propia dunha parroquia: libros de bautizados, casados, defuntos, confrarías, etc.
Os libros da parroquia dos últimos cen ou cento cincuenta anos.
Confrarías: Santísimo, virxe do Rosario, Ánimas. Goberno: rexistros de bautizados, casados, defuntos, Administración xeral: fundacións. Facenda: fábrica, colecturía, inquilinato. Misal: franciscano, Venecia, Madrid, Tourini, Turonibus.
Ós documentos poden acceder os investigadores e todo o aquel que xustifique a súa utilización por motivos persoais. Deben aterse ás limitacións das leis vixentes e o regulamento dos arquivos eclesiásticos españois.
A reproducción está moi limitada para evitar o deterioro e garantir a integridade da documentación. Existen uns impresos para solicitar fotocopias e reproduccións dixitais.
Material en el que se registra la información: Papel
Ficheiro temático, guías e inventarios.
No existen copias
Avelino Bouzón Gallego, director, Roberto Fernández Díaz, auxiliar, Macarena Cuiñas Gómez.