Manuel Leiras Pulpeiro nace en Mondoñedo o 25 de outubro de 1845 e morre na mesma cidade o 9 de novembro de 1912. Estuda no Seminario e en 1870 comeza Medicina en Santiago e licéncianse en Madrid en 1877. Ao ano seguinte comeza a exercer en Mondoñedo. Na decada dos 80 participa activamente na política no Partido Republicano Federal, participando na Xuntanza Federalista de Lugo e formando parte do Consejo Ejecutivo da Región Galega. En Mondoñedo funda a Xunta Municipal de Acción Republicana en 1903 e o Grupo Esperantista en 1905. Nomeado membro numerario da RAG en 1905, posto ao que renuncia. Produción poética: Comeza a súa andaina como poeta colaborando en "O Tío Marcos da Portela" e noutras revistas rexionais. En 1910 a súa poesía "O Galo" é premiada no certame literario de Vigo. Deixou só un libro, "Cantares gallegos" (1911). Ademais da súa dedicación poética recolleu poesías populares galegas, así como refráns e diversas voces galegas. Cf. o refraneiro que deu á revista "Galicia " (A Coruña) e no BRAG. Elaborou un vocabulario do galego da comarca mindoniense que enviou á RAG para o seu dicionario. Na súa morte preparaba unha colección das súas obras para publicar (Carré Aldao, 1912) En 1930 "Nos" intenta publicar as súas obras completas, das que tan só chegaría a saír do prelo o primeiro volume dedicado ás súas poesías. A recompilación suponse que é de Villar Ponte, aínda que non aparece na publicación.
Descoñecida.
Descripción de la forma de ingreso: O fondo foi doado pola súa filla Josefina Leiras Audia á Real Academia Galega o 19 de marzo de 1983.
Forma jurídica del ingreso: Doazón
O fondo contén documentación de carácter persoal, cartas e manusritos da súa obra literaria e de traballos sobre folclore, literatura popular e lexicografía.
Para organizar o fondo empregouse o cadro de clasificación elaborado polo arquivo da Real Academia Galega para os fondos persoais e familiares, realizado a partir do cadro proposto por Olga Gallego na súa obra "Manual de archivos familiares" (1995), tendo tamén en conta o cadro proposto pola "Sección Nobleza" do AHN. O cadro de clasificación resultante é o seguinte: 02.11.1. Persoal 02.11.1.1. Biográficos 02.11.4. Función privada 02.11.4.1. Poesía, contos e estudos etnográficos e lingüísticos
Acceso libre coas restricións estabecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que se regula o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule a RAG.
No existen copias
Xosé Luís Franco Grande, nos anos setenta, para preparar unha edición das obras completas de Leiras Pulpeiro consulta o fondo gardado pola familia. Parte do cal fotocopia. Despois da edición do seu traballo, entrega unha carpeta coas fotocopias dos documentos á Fundación Penzol coas que se crea o fondo Manuel Leiras Pulpeiro. Na Real Academia Galega no fondo Fermín Bouza-Brey: Notas sobre Leiras Pulpeiro. Signatura: 172 / 18. No fondo da Real Academia Galega, na sección do Boletín, existe un manuscrito de Leiras Pulpeiro. Tamén se conserva o vocabulario que o escritor enviou para a redacción do dicionario da Academia.
Cadro, descrición de documentos e inventario /Mercedes Fernández-Couto Tella (ARAG) (1999) Posteriormente realízase a descrición do fondo e as series / Ricardo Axeitos Valiño (ARAG): 2002 Traballos realizados baixo a dirección de: Mercedes Fernández-Couto Tella (ARAG)