En Galicia, como no resto de España, vese a necesidade -ante a incapacidade das institucións- de crear dun corpo armado cuxo obxecto sería a organización da defensa, os armamentos e a subsistencia do exército en Galicia. As Xuntas de Armamento xorden, pois, ante o baleiro de poder xerado pola invasión francesa.
O Conde de Noroña, Comandante Xeneral do Reino, o 16 de decembro de 1809, envía aos alcaldes e corrixidores un regulamento para a formación das Xuntas provinciais e de partido. Conforme a isto, o 7 de xaneiro de 1810, elixense os compoñentes da Xunta Superior provincial de Armamento, Defensa y Subsidios del Reino de Galicia. Pouco despois constitúense as xuntas provinciais ou subalternas, creándose a de Lugo o 21 de xaneiro.
As Xuntas provinciais, compostas por 8 membros, dedicaríanse exclusivamente ao armamento, á defensa do país e terían unha serie de competencias en facenda só en relación ao exército.
Historia archivística
Descoñecida
Alcance y contenido
Instrucción e regulamento enviado polo Conde de Noroña aos concellos e corrixidores para formar as Xuntas; Xunta preparatoria da Xunta Nacional Provincial; Auto de Instalación da Xunta provincial de Lugo; Actas das sesiones da Xunta de partido de Lugo e correspondencia, oficios e informes sobre os asuntos que lles atinxen.
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia