Na organización xudicial emanada da Constitución de 1812, os partidos xudiciais, encabezados polos xulgados de primeira instancia, dividiranse en xulgados de paz, de ámbito municipal. Este deseño conceptual e organizativo, concretado no Real decreto do 26 de xaneiro de 1834 e no Real decreto do 26 de setembro de 1835, perdurará basicamente ata a actualidade. Plásmase así, por exemplo, noutras disposicións posteriores, como o Real decreto do 1 de maio de 1844, o Real decreto do 22 de outubro de 1855, ou a Lei orgánica do Poder xudicial de 1870.
Os xulgados municipais créanse en todos os concellos por esta última lei: Lei provisional de Organización do Poder Xudicial do 23 de xuño de 1870, sometidos aos Tribunais de Partido. As principais competencias serán: celebrar actos de conciliación; exercer a xustiza civil en primeira instancia ata determinada cantidade; actuar na xurisdición voluntaria nos casos legalmente recoñecidos; realizar as primeiras providencias nas testamentarías e sucesións, se procedese; coñecer os xuízos de faltas en primeira instancia e instruír de forma preventiva as primeiras dilixencias nas causas criminais.
Esta lei desenvolveuse pola Lei da xustiza municipal do 5 de agosto de 1907. O Real decreto-lei do 12 de febreiro de 1924 amplía, en materia civil, as cuestións litixiosas de ata 1.000 pesetas de contía.
Na Coruña había dous xulgados municipais aos que por Real Orde do 16 de xullo de 1920 se lles asigna a mesma denominación que aos xulgados de Primeira Instancia e Instrución, que eran: Xulgado Municipal do Distrito da Audiencia con xurisdición na cidade vella, Atocha e Peixaría; e Xulgado Municipal do distrito do Instituto que comprendía o resto do termo municipal e o anexo de Oza (suprimido polo RD de 17 de xuño de 1920). A Orde do 9 de agosto de 1938 cambia a denominación dos xulgados e así o Xulgado de Distrito da Audiencia e Distrito do Instituto pasan a ser Xulgado Municipal Número Un e Xulgado Municipal Número Dous.
Pero será a Lei de 19 de xulio de 1944 a que estruture de forma durable a administración de xustiza no ámbito municipal e distinga entre xulgados municipais e comarcais, coas mesmas atribucións pero diferente xurisdición. Dispón que nas capitais de provincia e poboacións de máis de vinte mil habitantes haxa un Xulgado Municipal. Os comarcais, nos municipios que fosen centros ou capitais de comarca (de acordo coa demarcación territorial implantada en 1945).
Estes xulgados terán competencia sobre as faltas que non correspondan aos Xulgados de Paz, xuízos de cognición de menor contía, desafiuzamentos, xuízos sobre arrendamentos rústicos de menor contía e actuacións preventivas. Tanto os Xulgados Municipais como os Comarcais e os de Paz estaban subordinados aos de Primeira Instancia e Instrución.
Esta distribución foi levemente modificada pola Lei 19/1967, de 8 de abril, qu establece un xulgado municipal en capitais de provincia e poboacións de máis de trinta mil habitantes, quedando as poboacións con máis de vinte mil e menos de trinta mil cun xulgado comarcal
Esta división entre xulgados comarcais e municipais mantívose ata o Decreto do 29 de xullo de 1977, data na que se refunden e pasan a denominarse xulgados de distrito. O ámbito xeográfico da xurisdición dos xulgados de distrito abarcaba o territorio dun ou varios concellos.
A lei orgánica do Poder Xudicial 6/1985, do 1 de xullo, estableceu as regras para efectuar a conversión dos xulgados de distrito en xulgados de primeira instancia e instrución, ou, non seu caso, en xulgados de paz. Esta conversión, que en definitiva, supuxo a desaparición dos xulgados de distrito, levouse a efecto pola Lei de demarcación e planta xudicial 38/1988 de 29 de decembro.
Os documentos permaneceron en poder dos organismos produtores (xulgados municipais e xulgados de primeira instancia e instrución) e logo acumuláronse, en condicións de escasa organización, no novo edificio dos xulgados da Coruña ata que en xuño de 2003 se enviaron, nas mesmas condicións, ao Arquivo do Reino de Galicia.
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Notas
Nota al área de contexto
Bibliografía:
- GALDÓN SÁNCHEZ, Miguel Ángel; ZURITA GÓMEZ, José Antonio. "Fondos judiciales del Archivo Histórico Provincial de Sevilla", en Congreso de Archivos Judiciales. Sevilla 16, 17 y 18 de mayo de 2007: Los archivos judiciales en la modernización de la Administración de Justicia". Sevilla : Junta de Andalucía, Consejería de Justicia y Administración Pública, 2007, pp. 455-467. Disponible en: http://www.juntadeandalucia.es/cultura/archivos_html/sites/default/contenidos/archivos/ahpsevilla/documentos/Fondosjudiciales.pdf
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia