Vicente Martínez-Risco Agüero (Ourense 1884-1963) é unha personalidade central da cultura galega. O seu ideario galeguista entendeu que a cultura vive e medra nas tensións entre o local e o universal, e como consecuencia debe participar do xeral e do particular. Levado por esa idea, a través da tradución, promoverá a recepción de textos doutras literaturas, sendo o introdutor das vangardas na Galiza de entreguerras.
Como docente, ingresou na Escola Superior do Maxisterio en Madrid. Cátedra de Historia e a súa Metodoloxía na Normal de Ourense. Do 1917 ao 1945 proxectou a súa docencia sobre sucesivas xeracións. Polos anos 30, grao de Filosofía en Santiago. Do 1945 ao 1950 explicou psicoloxía na Escola Normal de Madrid. Regresa a súa praza de Ourense impartindo novamente Filosofía até que se xubila en 1954.
Como novelista, podemos considerar que é un modernizador da literatura galega coa súa obra O Porco de pé (1928). Como etnógrafo, o seu labor como investigador e docente está reflectida en numerosos traballos e publicacións, e sobre todo no seu labor no Sminario de Estudos Galegos.Como político, intenta sistematizar un corpus ideolóxico para o nacionalismo galego, incidindo na necesidade da autoestima como pobo.
Como activista cultural, que mellor exemplo que o seu labor na Revista Nós.
Historia archivística
Estes fondos documentais chegan á sede da Fundación Vicente Risco a partir da súa constitución en 12 de abril de 1995, e forman parte da súa dotación fundacional. A procedencia é basicamente Canadá (a de Antón e parte da de Vicente), o domicilio de Ourense da familia Martínez-Risco Fernández, así como legados que foron depositando diversos particulares.
A conservación da documentación é moi variada, tanto no estado de conservación como na súa estrutura, pois moita está desordenada, recicla cartas para borradores de traballo ou facer carpetillas.
Documentación pertencente á Familia Risco de Castro Caldelas (Títulos de Propiedade, Pleitos, Dotos, ...) Documentación diversa de Allariz (seguramente da familia da súa muller, Maria del Carmen Fernández) Manuscritos e mecanustricos de Vicente Risco. Traballos de alumnos. Correspondencia. Recortes de prensa. Fotografías. Folletos e impresos. Recortes de prensa. Debuxos.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia