Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela
ES.GA.15078.AHUS
O Arquivo Universitario está constituído pola documentación administrativa e académica xerada pola Universidade ao longo da súa historia, así como polos fondos documentais non universitarios adquiridos, doados ou confiados en depósito á Universidade de Santiago de Compostela.
Documentación orixinal dixitalizada ou microfilmada.
Documentos en proceso de restauración.
Conxuntos documentais en fase de organización.
Documentos en préstamo
Localización
Casas Reais, 5
15704 Santiago de Compostela
A Coruña
Galicia
España
Servizos
Sala de investigadores
Lectores de microfilm
Fotocopias
Ofrécense, coas limitacións impostas pola normativa vixente e o estado de conservación da documentación, fotocopias, copias dixitais e compulsas dos documentos integrantes dos fondos.
As solicitudes de reprodución poden realizarse presencialmente no propio centro, mediante os impresos existentes, ou ben a través de correo ordinario ou electrónico. No caso das imaxes dixitalizadas ás que se...
Servicio de Restauración
O Arquivo é unha das poucas institucións arquivísticas en Galicia que dispón dun taller de restauración propio dotado desde 1995 con persoal cualificado.
Conta tamén co equipamento necesario para levar a cabo as tarefas de conservación axeitadas a cada un dos fondos documentais que custodia.
Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia