Historia da institución que custodia os fondos de arquivo:
O Arquivo Histórico Provincial de Ourense é un centro de titularidade estatal e xestión transferida desde 1989 á Comunidade Autónoma de Galicia.
Os arquivos históricos provinciais teñen a súa orixe no Decreto do 12 de novembro de 1931, que dispón que os protocolos notariais de máis de cen anos que non estivesen nos arquivos das capitais do colexio notarial formasen o fondo inicial dos arquivos históricos provinciais de cada capital de provincia. Con todo en Ourense non será ata 1943 cando se cre o arquivo nun local provisional que sería o arquivo de facenda, constituíndose a partir dos fondos das institucións relixiosas desamortizadas alí conservadas e os protocolos notariais que previsiblemente ingresarían. Engádense posteriormente novos ingresos procedentes de doazóns particulares como as realizadas polos familiares do Marqués de Leis, ingresos procedentes doutras administracións: xulgados, rexistros da propiedade..., e depósitos como o fondo histórico do Concello de Ourense. Será a finais de 1963 cando se trasladen os fondos á súa localización definitiva e inaugúrase oficialmente a nova sede nos primeiros días do ano 1964.
Integración en sistema archivístico o red de archivos