O proxecto GEOARPAD, enmarcado na 1ª convocatoria do programa operativo EP - INTERREG V A España Portugal (POCTEP), articúlase como unha proposta de cooperación dentro da área Galicia- Norte de Portugal no marco do obxectivo específico de Proteción e valorización do patrimonio cultural e natural, como soporte de base económica da rexión transfronteiriza, e da protección, desenvolvemento e promoción dos activos da cultura e patrimonio públicos.

O obxectivo xeral é valorizar o patrimonio cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, como elemento de desenvolvemento transfronteirizo, mediante estratexias e modelos conxuntos de recollida e tratamento de información e xestión, promovendo a difusión do mesmo, e o seu aproveitamento por parte de sectores económicos como o sector turístico, e impulsando a participación social en todo o proceso.

Entre as súas actividades a dixitalización e difusión de patrimonio documental da Eurorexión.

Como resultado obteranse en torno a un millón e medio de imaxes de documentos de diferentes arquivos de Galicia e Portugal

Por parte dos arquivos galegos se dixitalizarán, entre outros, os expedientes do Catastro do Marqués da Ensenada das catro provincias galegas para facelos accesibles a toda a cidadanía.