A familia Vales aparece documentada en Lalín a finais do século XVIII e desenvolve a súa actividade ata 1880 na mesma vila, onde sabemos que varios dos seus membros exerceron como escribáns.
Historia arquivística
O fondo foi depositado no Arquivo do Reino de Galicia pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia en xaneiro de 1999. Procedía dunha compra realizada con anterioridade a 1988, probablemente nunha casa de poxas de Madrid. O lote adquirido comprendía cinco caixas de documentos de carácter familiar e outras dúas de libros e partituras musicais.
Alcance e contido
A documentación foi producida e acumulada de maneira orgánica polos diferentes membros da familia como resultado da súa actividade. Destacan dous bloques:
- A documentación patrimonial da familia, que se reflicte nas series Expedientes de partición de herdanza, Ditames xurídicos, Preitos e Recibos.
- Os arquivos individuais dos distintos membros da familia, tanto na súa actividade persoal como na súa actividade pública, recollida nas series Cédulas de pasaportes, Cadernos de exercicios de escribáns, Relacións de escribáns e Relacións de causas.
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Acceso libre en xeral.
Normativa:
Trátase de documentación pública de titularidade estatal xestionada pola Xunta de Galicia. Ao seren depositados no ARG, os documentos que integran o fondo adquiren a condición de bens de interese cultural, tal e como estipulan, respectivamente, os artigos 50 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e o 60 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español, e pasan a gozar por tanto do réxime de protección e acceso que as devanditas normas establecen para estas categorías de bens culturais.
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lingua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Material no que se rexistra a información:
Papel
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Notas
Nota xeral
- Sistema de organización: Cadro de clasificación baseado nas propostas de GALLEGO DOMÍNGUEZ, Olga. Manual de archivos familiares. Madrid: ANABAD, 1993; e GARCÍA ASER, Rosario, LAFUENTE URIÉN, Aránzazu. Archivos nobiliarios: Cuadro de clasificación. Sección Nobleza del Archivo Histórico Nacional. Madrid: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, Centro de Publicaciones, 2000.
- Instrumentos de descrición: base de datos Cumberland Family Tree, para datos xenealóxicos.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia