Manuel Verdes, perito agrónomo, reside en Viveiro coa súa familia.
A documentación contén sobre todo escrituras de compravenda referidas ás adquisicións que Manuel Verdes, talvez aproveitando a súa profesión, realiza na contorna de Viveiro.
Tamén realiza compra de terras o seu fillo Perfecto, que exerceu como cura en San Fernando (Cádiz).
Historia arquivística
O fondo foi depositado no Arquivo do Reino de Galicia pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia en xaneiro de 1999. Procedía dunha compra realizada con anterioridade a 1988, probablemente nunha casa de poxas de Madrid. O lote adquirido comprendía cinco caixas de documentos de carácter familiar e outras dúas de libros e partituras musicais.
Alcance e contido
Este fondo abrangue un período de tempo tamén moi curto, de 1846 a 1916. O seu carácter é exclusivamente patrimonial: por un lado temos os títulos de propiedade acreditados polas escrituras de compravenda e polos expedientes de partición de herdanza; polo que se refire á administración, soamente conta con recibos.
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Acceso libre en xeral.
Normativa:
Trátase de documentación pública de titularidade estatal xestionada pola Xunta de Galicia. Ao seren depositados no ARG, os documentos que integran o fondo adquiren a condición de bens de interese cultural, tal e como estipulan, respectivamente, os artigos 50 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e o 60 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español, e pasan a gozar por tanto do réxime de protección e acceso que as devanditas normas establecen para estas categorías de bens culturais.
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Dereitos de Autor
Situación de Dereitos de Autor:
Ó estar transferida a xestión do Arquivo á Comunidade Autónoma de Galicia, a reproducción de documentos está suxeita á Lei 13/1991, de 9 de decembro, de Taxas, prezos e exaccións, desenvolvida polo Decreto 320/1992, de 12 de decembro, polo que se fixan os prezos percibidos pola Xunta de Galicia, para os arquivos e museos xestionados pola Xunta ou de titularidade autonómica. Igualmente a publicación dunha reproducción debe ser autorizada, devengando o prezo público establecido no devandito Decreto ( artigo 5).
Lingua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Notas
Nota xeral
- Sistema de organización: cadro de clasificación baseado nas propostas de GALLEGO DOMÍNGUEZ, Olga. Manual de archivos familiares. Madrid: ANABAD, 1993; e GARCÍA ASER, Rosario, LAFUENTE URIÉN, Aránzazu. Archivos nobiliarios: Cuadro de clasificación. Sección Nobleza del Archivo Histórico Nacional. Madrid: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, Centro de Publicaciones, 2000.
- Instrumentos de descrición: base de datos Cumberland Family Tree, para datos xenealóxicos.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia