Pazo de Pastoriza

Ligazón persistente
EAD Dublin Core RDF Linked Open Data / EDM 5.2.8
 

Identificación e descrición

Referencia

  • ES.GA.15030.ARG/2.1.2.14.

Título

  • Pazo de Pastoriza

Data de creación

  • 1393-01-01 / 1964-12-31. 1393 a 1964

Nivel de descrición

  • Fondo

Volume e soporte da unidade de descrición

  • 105 Unidade(s) de instalación

Creador/es

Historia e alcance

Historia institucional/Reseña biográfica

Historia arquivística

  • Descoñecemos as vicisitudes polas que pasou este fondo ata a súa adquisición por este arquivo. Había indicios dunha organización por zonas xeográficas, fundamentalmente parroquias, que se realizara na época de Antonio Agustín de Castro Tobar y Piñeiro, segundo un arranxo realizado no arquivo entre 1855 e 1856. Estaría depositado nalgunha das casas que posuía a familia.

Alcance e contido

Condicións de acceso

Condicións de acceso

Descrición condicións de acceso:
  • En xeral libre, agás para a documentación que pola súa data aínda estea protexida, segundo establece a diferente normativa, especialmente a Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español, nos artigos 62 e 57.a, e o artigo 82 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.
Normativa:
  • Trátase de documentación pública de titularidade autonómica. Ao seren depositados no ARG, os documentos que integran o fondo adquiren a condición de bens de interese cultural, tal e como estipulan, respectivamente, os artigos 50 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e o 60 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español. Así, pasan a gozar do réxime de protección que as ditas normas establecen para estas categorías de bens culturais.

Condicións de reprodución

Condicións de reprodución:
  • Os límites de reprodución desta documentación veñen dados tanto polo seu estado de conservación (cando este non sexa bo, aínda que non é o caso da meirande parte do fondo) como polas condicións de acceso. Tendo en conta a segunda opción, son reproducibles todos os documentos susceptibles de consulta, co pagamento previo das taxas sinaladas na lexislación vixente. Igualmente, a publicación dunha reprodución debe ser autorizada e está suxeita ao prezo público establecido.
Lingua:
  • Spanish; Castilian
  • Galician
  • Latin
Escritura:
  • Gótica
  • Humanista
  • Procesual
  • Procesual encadeada

Características físicas

Estado de conservación:
  • Bo
Descrición do estado de conservación:
  • Basicamente, documentación textual manuscrita en papel e, eventualmente, en pergameo.

Documentación relacionada

Existencia e localización de copias

  • Existencia de copias: Non existen copias

Unidades de descrición relacionadas

  • Unidades de descrición relacionadas: Existen preitos do fondo da Real Audiencia de Galicia que teñen como demandantes ou demandados a membros desta familia. Tamén está intimamente relacionado co fondo dos Pardo de Andrade, sucesores en boa parte dos bens desta parte da familia, como sucesores de Tomás Lareo Janeiro, un dos fillos de Antonio de Castro Piñeiro. Igualmente está moi relacionado co fondo de torre Xunqueira, xa que unha das casas do pazo de Pastoriza, a de torre do Monte, forma parte doutra do de torre Xunqueira, a dos marqueses de Bendaña.