Parroquia do arciprestado de Iria Flavia, erexida canonicamente como parroquia independente o 24 de decembro de 1877. Funcionou antes como axuda de parroquia de Santa María de Iria.
Non obstante, xurden dificultades á hora de asignar parte dos fondos a unha ou outra freguesía. O cardeal del Hoyo chega a afirmar: "Esta iglesia es una misma parroquia con Santa María de Iria". E tamén que facían as veces de rectores dous cóengos presbiterais da colexiata.
Os fondos desta parroquia comprenden tamén as partidas sacramentais do chamado partido de Extramundi, polo que moitos dos libros aparecen rotulados como pertencentes a esta zona: "Libro de bautizados del partido de Extramundi...", por exemplo.
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia