Nª Sª da Mercé de Verín

Ligazón persistente
EAD Dublin Core RDF Linked Open Data / EDM 5.2.8
 

Identificación e descrición

Referencia

  • ES.GA.32054.AHPOU/2.4.2.4.2.

Título

  • Nª Sª da Mercé de Verín

Data de creación

  • 1449 / 1835

Nivel de descrición

  • Fondo

Volume e soporte da unidade de descrición

  • 1 Unidade(s) de instalación
  • 2 Pergameo(s)
  • 10 Libro(s)
Outras características físicas:
  • papel pergameos

Creador/es

Historia e alcance

Historia institucional/Reseña biográfica

  • O convento de Nosa Señora da Mercé de Verín ten a súa orixe na fundación dun cenobio da orde dos Mercedarios en Monterrei no ano 1484 a instancias do conde Sancho Fernández de Ulloa. Desde alí os membros da orde trasladáronse a Verín no ano 1557. Trala Desamortización de 1835 os frades recuperaron parte da súa antiga propiedade no ano 1933 e convertérona en colexio para os aspirantes a entrar na súa orde. Actualmente unha parte do edificio adícase ao ensino e outra parte está reservada ao culto.

Historia arquivística

  • Este fondo ingresou no arquivo procedente da Delegación de Facenda en 1943. Forma parte dos documentos fundacionais do Arquivo Histórico Provincial de Ourense e procede das institucións relixiosas desamortizadas no século XIX. Trala Desamortización os arquivos das institucións relixiosas ingresaron no Arquivo Histórico Nacional pero unha boa parte dos fondos monásticos ourensáns permaneceu nas dependencias provinciais de Facenda e pasou a constituír a documentación fundacional do arquivo.