Naceu na Coruña o 1 de xaneiro de 1901; fillo de Ramón Iglesias Barrio, natural de Agolada (Pontevedra), pousadeiro, e de Antonia Corral Espantoso, natural de Curtis (A Coruña). Estudou Dereito na Universidade de Valladolid, licenciándose na de Santiago de Compostela. O 25 de xaneiro de 1924 inscribiuse no Colexio de Avogados da Coruña, iniciando desde ese momento unha destacada carreira profesional. Durante a Segunda República foi elixido deputado a Cortes en 1933 polo Partido Republicano Gallego, tras ser concelleiro coruñés (1931) e alcalde (1932-1933). Foi relator do Estatuto Galego entre 1932 e 1936, e pouco antes do inicio da Guerra Civil foi nomeado Fiscal Xeral da República, Fiscal Xefe do Tribunal Supremo e do Tribunal de Garantías Constitucionais. Durante a Ditadura dedicouse ao exercicio da avogacía e o mundo empresarial. En 1977 retomou a súa carreira política sendo nomeado senador pola Candidatura Democrática Galega e despois pola Unión del Centro Democrático (UCD), partido do que chegou a ser presidente provincial, ademais de presidente da Comisión Constitucional do Senado. Tras a desaparición de UCD afiliouse a Alianza Popular sendo elixido deputado autonómico, volvendo ao Senado ata a súa morte en 1989.
Foi o impulsor da creación da “Academia Gallega de Jurisprudencia y Legislación” e o seu presidente desde 1967 ata 1989; decano do “Ilustre Colegio Provincial de Abogados” da Coruña (1963-1987) e presidente da Comisión do “Consejo General de la Abogacía Española” para a “Unión de Abogados Hispanoamericanos”, conselleiro da “Abogacía Española”, ademais de ocupar outros cargos no mundo do dereito.
Foi recoñecido con varias distincións, entre elas: membro de número do “Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses”, cabaleiro da “Legión de Honra”, comendador da orde militar de Cristo da República Portuguesa, académico honorario da “Academia Valenciana de Jurisprudencia y Legislación”, e académico correspondente da Real Academia Hispano Americana.
Foi, ademais, destacado conferenciante, escritor e impulsor na organización de congresos como o I de Dereito Gallego, promovido polo “Colegio de Abogados de Galicia” e a “Academia de Jurisprudencia y Legislación” (A Coruña 23-28 de outubro de 1972).
Morreu o 8 de setembro de 1989, na Coruña; estaba casado con Pilar Concepción Uribe Currais
Historia arquivística
A documentación atopábase no seu despacho da rúa Fonseca.
Alcance e contido
Aínda que o reducido do fondo documental faino testemuñal, con todo a importancia da súa figura na historia política e no exercicio da avogacía en Galicia determinan o seu significado.
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Consulta libre, só limitada polo estado de conservación da documentación
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
Suxeito ás taxas e prezos públicos que para reprodución de documentos fixase o Concello.
(Ordenanza reguladora do prezo público por prestación de servizos e utilización de instalacións culturais, educativas e análogas de titularidade municipal.)
Lingua:
Spanish; Castilian
Galician
English
Características físicas
Material no que se rexistra a información:
Papel
Nota:
Son documentos textuais, fotocopias e borradores que condicionan a súa conservación. Acompaña: copia plano parcelas 6 e 7 A Palloza. Srs. Campo Mardomingo. Arq. Rodríguez-Losada Trulok, 1976. E Autos sobre preito do Dubra Marqués de Montaos, Bermúdez de Castro. 1484- 1488 (escritura en pergamiño e en papel- galego), c- 3 (2).
Documentación relacionada
Existencia e localización de orixinais
Localización de orixinais: Arquivo do Parlamento de Galicia
Localización de orixinais: Arquivo do Senado e do Congreso
Localización de orixinais: Arquivo do “Colegio de Abogados” de A Coruña.
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas: Alcaldía
Notas
Nota xeral
Fernández Nicolás, G, (2018). "D. Manuel Iglesias Corral. Alcalde de A Coruña durante la II República"
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia