San Lourenzo de Olas pertence na actualidade ao arciprestado de Barbeiros. Pola documentación da parroquia de Santo Estevo de Abellá consta no 1581 que Olas era o seu anexo. No 1877 deixou de sélo, pasando a depender dunha nova matriz, Santiago de Vilamaior. O cardeal del Hoyo chámalle "San Lorenço das Ollas" e dínos que é un anexo da parroquia de Abellá.
No existen copias
-Hoyo, Jerónimo del: "Memorias del Arzobispado de Santiago". Ed. preparada por Ángel Rodríguez González e Benito Varela Jácome. Santiago de Compostela, S. D. Transcrición do manuscrito orixinal de 1607.
Descrición efectuada por Damián Porto Rico baixo a dirección de Marina García Pita, en base aos inventarios do Arquivo Histórico Diocesano de Santiago, modificándoos e completándoos.