Enmárcase esta familia entre aquelas persoas que desde Cataluña, viñeron a Galicia a establecerse na industria do salazón da sardiña e se asentan tras a Guerra de Independencia, formando unha sociedade empresarial, padecen a crise de 1820, manteñen matrimonios endogámicos e compatibilizan a explotación comercial da sardiña con actividades coma a navegación de cabotaxe, o comercio vinícola, actividades de préstamo, de xestión bancaria, investimentos empresariais,... A familia Llauger chegou á ría de Arousa procedente de Canet de Mar (Barcelona), asentándose en Vilanova. Este traslado encádrase no movemento migratorio que se produce a Galicia a finais do XVIII e inicios do XIX, que supón a instalación de ata 50 secadeiros cataláns na ría arousá entre 1795 e1815.
Ingresou neste Arquivo no ano 2000, en réxime de depósito por solicitude dun dos membros desta familia.
Descripción de la forma de ingreso: Depósito de Germana García Castelo.
Esta documentación presenta unha cronoloxía que abarca desde 1585 ata 1969, pois moitos dos seus documentos levan acaroados textos anteriores á Idade Contemporánea, principalmente de carácter fundacional. Organízase seguindo o cadro de clasificación de arquivos familiares desenvolvido por Olga Gallego Domínguez (Manual de arquivos familiares. Anabad, 1993) Presenta documentos patrimoniais, tanto de títulos coma de administración da propiedade, algúns documentos persoais e, principalmente, documentos de función (actividades empresariais), así como alghuna documentación sobre as actividades políticas da familia.
Fondo pechado
FAMILIA LLAUGER CADRO DE CLASIFICACIÓN 1. Fondos funcionais (1585-1967). 1.3- Patrimonio 1.3.1- Documentos constitutivos de títulos de propiedade (1585-1964) 1.3.2- Documentos de administración da propiedade (1721-1967). 1.5- Arquivos individuais (1805-1969). 1.5.1- Documentos persoais (1805-1967). 1.5.2- Documentos de función. (1847-1969). 1.5.2.1- Actividades empresariais (1847-1969). Correspondencia comercial (1894-1-1969). Minutas de correspondencia (1916-1955). Informes comerciais (1929-1934). Telegramas e telefonemas (1933-1952). Tarxetas postais (1919-1958). Borrador-copiador de cartas (1887-1903) Follas calcantes de cartas comerciais (1922-1923). Facturas (1900-1969). Contabilidade (1961-1963). Pólizas (1924-1958). Escrituras de préstamo (1886-1928). Diversos temas contables e laborais (1847-1962). 1.5.2.2- Actividades políticas (1930-1933).
Acceso libre, agás as restricións contempladas no art. 51.1 c) da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
Descripción estado de conservación: O estado xeral da documentación non é bo. Gran parte do fondo está afectado pola humidade e algúns documentos teñen presenza de fungos e bacterias. Existen exemplares en bo estado e outros totalmente ilexibles.
Catálogo
No existen copias
Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.