As orixes do I.E.S. Salvador de Madariaga da Coruña, creado nos anos 40 com o Instituto Masculino, atópanse no Instituto de Segundo Ensino da Coruña, centro de ensino mixto creado en 1862 por Real Orde de 10 de setembro na que se decreta o establecemento dun Instituto de Segundo Ensino completo e local. Con anteriori dade a esta data e a raíz do Plan de Estudos promulgado en 1845 xurdirán iniciativas tanto privadas como por parte do Concello da Coruña promovendo a creación dun Instituto de Segundo Ensino nesta cidade. Tódalas propostas de creación do centro docente pretenden incorporar a él os estudos de Náutica e Comercio e da Escola Provincial de Belas Artes xa establecidas na cidade. Non será ata 1862 nembargantes cando o Concello acorde consinar no orzamento ordinario adicional do ano 1862/1863 unha cantidade para afronta-los gastos de instalación e haberes do persoal docente e se alce á Raíña a exposición en solicitude do centro de segundo ensino, cando a resolución Ministerial é favorable e se dictan Reais Ordes decretando o establecemento (10 de setembro de 1862) e regulando as primeiras normas que atinxen á regulamentación do Instituto así como a súa financiación (12 e 24 de novembro e 13 de decembro de 1862). A primeira sé do Instituto será o Pazo dos Marqueses de Camarasa na rúa Ferrerías da Coruña que adquirira o Concello. O centro de ensino non obterá a categoría de provincial ata 1870, esta categoría provincial permítelle obter beneficios, non só económicos e de prestixio, senon tamén o de examinar a fin de curso ó alumnado procedente do ensino libre (privado e doméstico). Nestas datas a sé do centro docente instalado na antiga mansión dos Marqueses de Camarasa atopábase moi deteriorada e considerábase urxente a construcción dun edificio de nova pranta que substituíse ó Pazo de Camarasa, pero os anos discorren sen que o Concello resolva as esixencias do centro a ese respecto. Non será ata principios de 1881 cando o empresario coruñés Eusebio da Guarda ofreza ó Concello construír, ás súas expensas, un edificio destinado a Instituto e Escola de Artes e Oficios no baluarte do Caramanchón (hoxe Praza de Pontevedra), terreo propiedade do Ministerio da Guerra e que debería facilitárselle para tal mester, así como algúns solares contiguos de dominio particular. Iníciase o oportuno expediente por parte do Concello e as xestións encamiñadas a ceder ó Concello da Coruña os 12.870 m2 que abarcaba o recinto do Caramanchón seguen o seu curso, ata que en 1873 instrumentalízase a transferencia plena dos terreos do Estado ó Concello. Do mesmo xeito, os solares contiguos e de dominio privado adquírense e en 1884 acórdase que o futuro edificio debía servir únicamente de sé de Instituto de Segundo Ensino, Escola de Artes e observatorio Meteorolóxico. Por Real Orde de 24 de decembro de 1885 apróbase o proxecto definitivo segundo o plan formado polo arquitecto F. Domínguez Coumes-Gay. Finalmente o 10 de novembro de 1886 o Concello fai formal entrega a Eusebio da Guarda do terreo do Caramanchón e solares adxacentes e semanas despois asinab an a escritura pública na que se cedían os terreos a Eusebio da Guarda polo Concell o e por parte daquel cedíase o edificio, unha vez concluído, ó Concello da Coruña. Comezan as obras de edificación que finalizarán en 1889, anque non se dará autorización para o traslado á nova sé do Instituto ata 20 de setembro de 1890. O 1º de outubro terá lugar o acto de apertura do curso académico do Instit uto de Segundo Ensino da Coruña na nova sé, pasando a denominarse éste Instituto Eusebio da Guarda manténdose como tal ate a actualidade.
Material en el que se registra la información: Papel
No existen copias
Coordinación: - Marina García Pita e Carmen Prieto Ramos: Servizo de Arquivos e Museos. Consellería de Cultura e Deporte, Xunta de Galicia. Traballos de organización e descrición documental: - María Teresa Míguez Castro (2001) - María de los Milagros Lara Coira (2002) Informatizac ión e corrección de inventarios: - Gustavo Saavedra Rial na aplicación informá tica ALBALÁ (2006)