Ramón Suárez Picallo nace en Veloi, Sada o 4 de novembro de 1894 e morre en Buenos Aires o 14 de outubro de 1964. Avogado, político, xornalista, dramaturgo e orador. Emigra a Buenos Aires en 1912. Na Arxentina traballa en moitos e diferentes oficios e incorpórase ás actividades da colectividade galega. A súa evolución política comeza cunha etapa de traballo sindicalista e de filiación comunista, pasa por o republicanismo e galeguismo, constituíndo unha filial da ORGA en Arxentina, para finalizar no Partido Galeguista. Proclamada a 2ª República regresa a Galicia o 17 de maio de 1931, comisionado con Alonso Ríos pola filial da ORGA en Buenos Aires, e obtén un acta de deputado a Cortes. En Lugo cursa o bacharelato e licénciase en Dereito por Santiago de Compostela, exercendo con posterioridade a avogacía na Coruña. Tras a Guerra Civil, exíliase primeiro en Francia, logo en Estados Unidos e, despois de 16 anos en Chile, definitivamente en Buenos Aires. Integrante desde a súa fundación do Consello de Galicia. En 1959 o Centro Lucense encárgalle a cátedra de Cultura Galega. Representou á Federación Obrera Marítima Argentina na conferencia Internacional del Trabajo en Ginebra 1962. Foi director do periódico Libertad e da revista Céltiga. Colaborou tamén na prensa arxentina: La Argentina, La República, Galicia, El Correo de Galicia, Lugo, Despertar Gallego; na chilena: La Opinión, La Hora, El Mercurio, El Sur, Ercilla; en la española: Le Humanité, El día vasco, Pueblo gallego, etc. A actividade periodística é unha constante na súa vida pero son os dezaseis anos que pasa en Chile os de maior produtividade. A súa faceta como dramaturgo reflíctese nas comedias A Marola e A Taberna da Troula.
Descoñecida.
Descripción de la forma de ingreso: O fondo ingresa na Real Academia Galega por doazóns realizadas por Abelardo Lago Senande nas datas seguintes: febreiro de 1973. Correspondencia de Ramón Suárez Picallo, en su maioría con César Alvajar. Correspondencia do goberno no exilio e do Consello de Galicia (caixa 233 / 01). Xuño de 1974. Unha carta de C. Alvajar e tres postais (caixa 233 / 02). Xuño de 1977. Documentación manuscrita variada para conferencias, correspondencia, recortes de prensa e fotografías de Ramón Suárez Picallo (caixa 135).
Forma jurídica del ingreso: Doazón
O fondo está formado por documentación persoal, cartas, fotografías, recortes de prensa e algún manuscrito de Suárez Picallo -e doutros- todos pertencentes á última etapa da súa vida que pasa na Arxentina (1956-1964).
A estrutura do fondo responde a un cadro funcional baseado no proposto por Olga Gallego para os arquivos familiares. 1. Persoal 1.1. Correspondencia 1.2. Fotografías 2. Función privada 2.1.Orixinais 5. Coleccións 5.1. Recortes de prensa 5.2. Folletos e revistas
Documentos de libre acceso, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 de xuño de patrimonio histórico español, o artigo 82 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia e os artigos 7, 11 e 15 da Lei 15/1999, de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega. As fotografías están dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais fotográficos está restrinxida.
Reprodución restrinxida. Requírese a autorización do titular dos dereitos de autor que rixen sobre os documentos do fondo.
Os dereitos de explotación dos orixinais integrados no fondo son obxecto da propiedade intelectual dos herdeiros e está suxeita ao disposto polo Real Decreto 1/1996 de 12 de abril de propiedade intelectual.
No existen copias
Cadro, descrición do fondo, documentos e inventario / Mercedes Fernández-Couto Tella (ARAG) Engádese ao inventario o epistolario con César Alvajar (caixa 233) / Nélida Cosme Abollo (ARAG). Posteriormente revísase o inventario e realízase a descrición das series / Ricardo Axeitos Valiño (ARAG) Traballos realizados baixo a dirección de: Mercedes Fernández-Couto Tella (ARAG) Inventario: 1999 Descrición do fondo: 2001 Engadido ao inventario: 2002 . Revisión do inventario: 2002 . Descrición do fondo e as series: 2002