O colecionista, don Carlos Martínez-Barbeito y Morás, nacéu na Coruña en 1913 e falecéu na mesma cidade en 1997. Realizóu estudos de Filosofía e Letras e Dereito nas Universidades de Santiago de Compostela e Madrid. Foi profesor adxunto de Historia dos Descubrimentos e Xeografía de América da universidade de Madrid, director do Museo de América, xefe dos programas culturais, programas dramáticos e asesoría técnica da linguaxe en Televisión española. Foi ademáis, xefe de departamento estranxeiro no NODO. Pertencéu a varias corporacións científicas, artísticas e literarias. Ao longo da súa vida pronuncióu numerosas conferencias e discursos, publicóu infinidade de traballos de poesía, novelas, bibliografía, xenealoxía e heráldica, guías, historia de Galicia en xeral e da Coruña en particular. Poseedor dunha importantísima biblioteca sobre Galicia e gran coleccionista de mapas y planos, estampas, azabaches...que foi adquirindo ao longo da sua vida en anticuarios, librerías especializadas, rastros... A esta colección engádense as estampacións adquiridas polo Arquivo municipal.
O punto de partida da colección de estampas o constitúen as reunidas por don Carlos Martínez-Barbeito y Morás e resolvéuse denominala baixo o nome do coleccionista principal. Esta colección foi adquirida polo concello da Coruña en setembro de 1992. A colección inicial a constitúen 707 pezas ás que se sumóu unha máis (nº 750) que estaba unida a outra e que se separóu no momento da restauración. A partir de 1997 incorporáronse 42 pezas (nº 707-749) cos seus marcos, legadas polo coleccionista á sua morte. Esta colección viuse acrecentada polas sucesivas compras que veu realizando este arquivo (1993- )
Descripción de la forma de ingreso: A maior parte das estampas ingresaron no arquivo dende 1992 mediante compras, agás algunha doazón. (707 compra M-B+42 legado+1 (aparecéu unida ao nº 103)+68 mercadas+2 doazón+2 procedencia do concello)
Forma jurídica del ingreso: Compra
Trátase dunha colección aberta de estampas de temática galega, realizadas a través de diferentes técnicas (xilografías, litografías, gravados...) por numerosos artistas, fundamentalmente centradas nos seculos XIX e XX. Gran parte destas estampas serviron para ilustrar textos nos libros; algunhas son en cor, mais a maioría foi iluminada con posterioridade. Estructúrase en varios bloques: As provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra; A devoción popular; Tipos e escenas populares; Personaxes ilustres e Xeneralidades galegas. Destaca, salvo excepcións, polo valor documental máis que polo artístico e pode considerarse unha fonte complementaria en estudos sobre política, socioloxía, devoción popular, xeografía, historia, literatura... e outros campos no ámbito galego.
A colección segue aberta a novas incorporacións
Está dividida en 8 bloques: 1º- 4º- Galicia. As provincias. A Coruña, Lugo Ourense e Pontevedra. Dentro de cada unha delas as pezas están ordenadas por: vistas xerais, monumentos, lugares significativos e acontecementos históricos e sociais. 5º- A devoción popular. Referida a santos locais, patróns e familiares, na que destacan as estampas dedicadas a Santiago apóstolo. 6º-Os tipos e as escenas populares. Enfocado a: costumes, tradición, traballo, festividades...Establecéndose, á súa vez dentro dela, outra división en: Os tipos, Os oficios e as Escenas. 7º. Os personaxes. Relacionados coa historia e a sociedade galega. Divídese á súa vez en 8 seccións: As artes, A ciencia, O clero, A historia, As letras, A milicia, A política e As profesións liberais 8º. Xeneralidades. Baixo este título hai un grupo de estampas referidas á historia de Galicia, a heráldica e ás reproduccións facsimilares.
Estado de conservación: Bo
Descripción estado de conservación: Esta documentación foi restaurada (do nº 1 ao 707 e o 750)
Catálogo e Índice
Son estampacións de procedencia diversa: “La Ilustración Gallega y Asturiana, Constituciones Sinodales de la Archidiócesis de Santiago, Historia de la Marina Real Española desde el descubrimiento de las Américas hasta el combate de Trafalgar, Crónica general de España, Estado Mayor del Ejército Español, La Ilustración Española y Americana, Diccionario Geográfico Estadístico-Histórico, Galicia Diplomática, Trajes de España, Investigaciones sobre la fundación y fábrica de la torre llamada de Hércules, Retratos de Españoles Ilustres da Real Calcografía...”
Existen copias: Existen dous xogos de diapositivas 6x6 das 708 da propia colección Carlos Mrtínez barbeito e das 42 do legado. Un para préstamo no caso de solicitude de reprodución e outro para a sua conservación por seguridade.
Documentos desta colección poden atoparse no ARG, noutros arquivos, na Calcografía Nacional e en Museos (Museo de Pontevedra...). Ao ser en moitos casosextraídas de publicacións, tamén poden atoparse nas bibliotecas (Real Academia Galega, Biblioteca de Estudos Locais da Coruña...)
Colección Carlos Martínez-Barbeito de Estampas de galicia. Arquivo municipal da Coruña. A Coruña, 1993. As imaxes contidas nesta colección foron utilizadas, mediante solicitude ao concello, para ilustrar traballos. Moitos deles foron publicados: -Colección Biblioteca Coruñesa -Ciudad y Torre. Roma y la Ilustración en La Coruña. A Coruña, Concello, 1991
-Gallego, A. Historia del grabado en España. Madrid, Ediciones Cátedra, 1990. -Plá, J. Grabado calcográfico. Barcelona, Editorial Blume, 1977. -Páez Ríos, E. Repertorio de Grabados Españoles. Madrid, Dirección General de Bellas Artes, Archivos y Bibliotecas, 1982. -Buján Núñez, J.D. O gravado en Galicia. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1995 -Catálogo general de la Calcografía nacional. Madrid, Real Academia de bellas Artes de san Fernando, 1987
A colección está instalada nun planeiro especial para a súa conservación.