JUAN AGUDO, PEDRO RODRÍGUEZ Y RODRIGO DE COBELAS CON EL ABAD DEL MONASTERIO DE CELANOVA, DIEGO ALONSO Y JUAN ALONSO, SOBRE EJECUCIÓN POR RENTA DE DICHO MONASTERIO EN EL LUGAR DE MONTE REDONDO
O tribunal que é recoñecido oficialmente como Audiencia Real cara ao 1514 exercerá, a través das súas salas ou en pleno, as competencias de carácter gobernativo e xudicial que as normas da Coroa lle outorgan e as sucesivas ordenanzas lle recoñecen.
Historia arquivística
Ata o ano 1775, cando se crea o que constituíu o núcleo fundador do Arquivo do Reino de Galicia, o fondo documental da Real Audiencia custodiouse en diferentes lugares. Así, sobre cada escribanía de asento recaía a responsabilidade inicial da custodia das series documentais produto das súas actividades, mentres que por diversos testemuños sabemos que xa en datas temperás existía un local, que funcionaría como arquivo central do organismo, no convento de Santo Domingo da Coruña, onde sufriría os efectos da ocupación e queima do edificio por parte do exército inglés durante o sitio de 1589. Noutros momentos, o fondo documental —ou fraccións del— gardouse en diferentes institucións coruñesas, como o Convento de San Francisco, o Hospital do Bo Suceso e mesmo nas propias casas dos escribáns. Nuns e noutros locais, as condicións de conservación non eran sempre as máis axeitadas, tal e como evidencian certos testemuños que se refiren a algún deles como "bódega húmeda y mal acondicionada”.
Alcance e contido
Particulares denomináronse tradicionalmente na Real Audiencia e no Arquivo do Reino de Galicia os litixios de carácter civil ou penal e os expedientes tramitados perante aquel tribunal por instancia de particulares. Reciben este nome por constar así nas relacións ou matrículas de entrega ao Arquivo polas Escribanías de Cámara coa intención de diferencialos daqueles iniciados por persoas ou institucións con privilexio de caso de corte notorio, algo que tiña transcendencia durante o Antigo Réxime.
A Guía do Arquivo de Antonio Gil Merino (pp. 104-105) sistematiza os asuntos que comprende nas seguintes epígrafes: 1. Propiedade e posesión de bens
2. Rendas e froitos
3.Sucesións
4. Familia
5. Aproveitamento de augas para regos
6. Cultivo e aproveitamento de viñedos
7. Incidencias sobre servidumes
8. Cumprimento de obrigas e contratos
9. Comercio
10. Xurisdición
11. Administración e goberno
12. Causas
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Acceso libre. Consulta limitada para aqueles documentos que se achen en mal estado de conservación
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións: o Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia; a Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lingua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Descrición do estado de conservación:
Unha parte do fondo áchase en mal estado debido ás pésimas condicións de instalación que durante séculos sufriron os documentos.
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Notas
Nota xeral
1. Datas: refírense aos documentos nos que os apelidos dos demandantes comezan pola letra A.
2. Extensión e soporte da unidade de descrición: polo momento, a descrición redúcese aos documentos nos que os apelidos dos demandantes comezan pola letra A, que suman 12.322 expedientes.