VASCO ABAD DE ESPIÑAREDO, CURADOR DE JUAN ABAD, CON PEDRO MARIÑO Y OTROS, SOBRE NULIDAD DE ESCRITURAS DE VENTAS HECHAS POR DICHO MENOR Y POSESIÓN DE BIENES EN SAN PEDRO DE JUANCES
O tribunal que é recoñecido oficialmente como Audiencia Real cara 1514 exer cerá, a través das súas salas ou en pleno, as competencias de carácter gobernativo e xudicial que as normas da Coroa lle outorgan e as sucesivas ordenanzas lle recoñecen.
Historia arquivística
Ata o momento da creación do Arquivo do Reino de Galicia, no ano 1775, do que constitíu o núcleo fundador, o fondo documental da Real Audiencia se custodiou en diferentes lugares. Así, sobre cada escribanía de asento recaía a responsabilidade inicial da custodia das series documentais producto das súas actividades, mentres que por diversos testemuños coñecemos que xa en datas temperás existía un local, que funcionaría como arquivo central do organismo, no convento de Santo Domingo da Coruña, onde sufriría os efectos da ocupación e queima do convento por parte do exército inglés durante o sitio de 1589.
Noutros momentos, o fondo documental ou fraccións do mesmo gardáronse en diferentes institucións coruñesas , como o Convento de San Francisco, o Hospital do Bon Suceso ou, tamén, nas propias casas dos escribáns. Nuns e noutros locais, as condicións de conservación non eran sempre as máis axeitadas, tal e como poñen de manifesto algúns testemuños que se refiren a algún destes como"bódega húmeda y mal acondiconada".
Alcance e contido
Particulares denomináronse tradicionalmente na Real Audiencia e no Arquivo do Reino de Galicia os litixios de carácter civil ou penal e os expedientes tramitados perante aquel tribunal a instancia de particulares. Reciben este nome por constar así nas relacións ou matrículas de entrega ao Arquivo polas Escribanías de Cámara coa intención de diferencialos daqueles iniciados por persoas ou institucións con privilexio de caso de corte notorio, algo que tiña transcendencia durante o Antigo Réxime.
A Guía do Arquivo de Antonio Gil Merino (pp. 104-105), sistematiza os asuntos que comprende nos seguintes epígrafes:
1. Propiedade e posesión de bens
2. Rendas e froitos
3.Sucesións
4. Familia
5. Aproveitamento de augas para regos
6. Cultivo e aproveitamento de viñedos
7. Incidencias sobre servidumes
8. Cumprimento de obrigas e contratos
9. Comercio
10. Xurisdición
11. Administración e goberno
12. Causas
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Acceso libre. Consulta limitada para aqueles documentos que se achen en mal estado de conservación
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
Por estar transferida a xestión á Comunidade Autónoma de Galicia, a reprodu cción da documentación deste fondo áchase suxeita á Lei 13/1991,de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 12, desenvolvido polo Decreto 320/1992 de 12 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos percibidos pola Xunta de Galicia nos arquivos e museos xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia e nos de titularidade autonómica, no seu Título III, artigo 9º.
Lingua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Descrición do estado de conservación:
Unha parte do fondo áchase en mal estado debido ás pésimas condicións de in stalación que durante séculos sufriron os documentos.
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Notas
Nota xeral
1. Datas: refírense aos documentos nos que os apelidos dos demandantes come zan pola letra A.
2. Extensión e soporte da unidade de descrición: polo momento, a descrición redúcese aos documentos nos que os apelidos dos demandante s comezan pola letra A, que suman 12.322 expedientes.