Victoria Fernández Manzano

Ligazón persistente
EAD Dublin Core RDF Linked Open Data / EDM 5.2.8
 

1. Área de identificación

1.1 Código de referencia

  • ES.GA.15030.ARG/2.1.1.23.
Localización da documentación:

1.2 Título

  • Victoria Fernández Manzano

1.3 Datas

Data de creación:
  • 1957-01-01 / 1979-12-31. 1957 a 1979
Data de acumulación:
  • 1957-01-01 / 1979-12-31. 1957 a 1979

1.4 Nivel de descrición

  • Fondo

1.5 Volume e soporte da unidade de descrición

  • 1 Unidade(s) de instalación compartida(s)

2. Área de contexto

2.1 Produtor-Persoa

2.2 Historia institucional/biografía

  • Non posuímos datos biográficos sobre Victoria Fernández Manzano; só sabemos que posuía un obradoiro de costura en Madrid e que ás veces enviaba prendas ao seu irmán Faustino Fernández Manzano, ben para uso particular da súa familia, ben para a súa venda nos establecementos comerciais rexentados por el: ACIGAR, EL DIQUE/BAHÍA e EL FÉNIX.

2.3 Historia arquivística

  • Os documentos persoais de Victoria Fernández Manzano chegaron mesturados coa documentación do fondo "Confeccións e establecementos comerciais Acigar, El Dique/La Bahía, Dakar e El Fénix", que tamén conservaba don José Ramón Fernández-Manzano González, quen o ofreceu en doazón á Xunta de Galicia en xuño do ano 1997. A doazón de don José Ramón Fernández-Manzano González foi aceptada mediante o Decreto 189/1998, do 11 de xuño, da Xunta de Galicia (DOG 123, do 29 de xuño de 1998).

2.4 Forma de ingreso

Forma xurídica do ingreso:
  • Doazón
Data de ingreso:
  • 02/06/1997

3. Área de contido e estrutura

3.1 Alcance e contido

  • Compoñen o fondo series documentais directamente relacionadas coa vida empresarial de Victoria Fernández Manzano, como se observa nas series de Correspondencia, Facturas, Libros borradores de caixa, Nóminas ou Recibos.

3.3 Novos ingresos

Novos ingresos ou transferencias:
  • Trátase dun fondo pechado, polo que se descartan novos ingresos.

3.4 Organización

  • O fondo chegou ao centro sen ningún tipo de organización e mesturado co fondo documental "Confeccións e establecementos comerciais Acigar, El Dique/La Bahía, Dakar e El Fénix". A escaseza de documentación implica a inexistencia de agrupacións de nivel superior ao da serie.

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1 Condicións de acceso

Descrición condicións de acceso:
  • Acceso libre en xeral.
Normativa:
  • Trátase de documentación pública de titularidade da Xunta de Galicia.

4.2 Condicións de reprodución

Condicións de reprodución:
  • A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións: - Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia. - Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.

4.3 Lingua/Escritura(s) da documentación

Lingua:
  • Spanish; Castilian

4.4 Características físicas

Estado de conservación:
  • Bo

5. Área de documentación asociada

5.2. Existencia e localización de copias

Existencia de copias:
  • Non existen copias

5.3 Unidades de descrición relacionadas

Unidades de descrición relacionadas:
  • - Fondo documental "Confeccións e establecementos comerciais Acigar, El Dique/La Bahía, Dakar e El Fénix"- Fondo documental "Faustino Fernández Manzano"

7. Área de control da descrición

7.1 Nota da/do arquivista

  • Descrición realizada por María del Rosario Torreiro Martínez baixo a dirección de Gabriel Quiroga Barro.

7.2 Regras ou normas

Regras ou normas:
  • ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

7.3 Data(s) da (s) descrición(s)

Data de creación:
  • 2008/03/05
Data de última modificación:
  • 2019/08/29 11:32:40
Última validación completa:
  • 29/08/2019 11:32:40