A metade do século XIII temos constancia da existencia de dous alcaldes no goberno e na administración da vila. A partir de 1286 un dos alcaldes encárgase de librar os preitos do concello e o outro do repartimento e cobranza dos impostos que debían entregarse á Coroa. No ano 1344 o concello acorda a limitación das competencias do alcalde da cidade. Nas Cortes de Alcalá, 1348, substitúese aos alcaldes ou "jueces de fuero" polos representantes do poder real, os corrixidores.
Na Idade Moderna
Actualmente, desempeña as funcions de dirección do goberno e a administración municipal, así conmo as demáis atribucións que lle otorga a lexislación.Ten tamés a representación do concello, sen perxuicio das posibles delegacións.
Actualmente desempeña as funcións de dirección do goberno e da administración municipal, así como as demais atribucións que lle outorga a vixente lexislación e, entre elas, a organización das áreas que integran o goberno municipal e dos departamentos, servizos e outros entes que constitúen a administración municipal. Así mesmo é atribución do Alcalde a máxima representación do Concello, sen prexuízo da súa posible delegación. Nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade, será substituído polos tenentes de alcalde na orde e coas competencias que se deriven do seu nomeamento. Posúe o tratamento de Excelencia.
Historia arquivística
Son copias dos negativos de Ferrer realizadas polo fotógrafo Manuel Ferrol, e mercadas polo Concello. Algunhas das diapositivas utilizáronse para calendarios.
A partir do nº 273 a maior parte das diapositivas están repetidas pero teñen peor calidade fotográfica ao estar menos contrastadas.
Alcance e contido
Fotografías de Coruña e Galicia realizadas por Ferrer e copiadas en diapositivas por Manuel Ferrol. No 1864 establécese na Coruña, na rúa Acebedo, Francisco Ferrer y Puigdengolas, natural do concello de Capelladas en Cataluña, como consignatario de buques e almacenista de papel. Contrae matrimonio coa coruñesa Niceta Sanz con quen ten un fillo, Pedro Inocente Vicente Ferrer Sanz (1870-1939). Anos mais tarde trasladará o seu negocio á rúa Real,61 onde a fins da década de 1880 foi o primeiro en Galicia en montar un taller de fotograbado: "Talleres de fotograbado e Imprenta""Papelería Ferrer". Cando falece, a razón social pasóu a denominarse "Vda. De Ferrer e Hijo", e toma a direción do negocio o seu fillo Pedro Ferrer Sanz ata o seu pasamento en 1939. Co desenvolvimento da fotografía na época de entre séculos, Pedro Ferrer vai iniciarse nesta arte que o levará a ser máis coñecido por esta actividade que como editor-impresor. Da extensa produción de Ferrer destacan os numerosos albumes de foto-postais: "Vistas de La Coruña" [1895]; o "Portafolio Galicia" [1901] que se favorece dos avances da fotografía e dos sistemas de impresión co fotograbado; ou a serie "Da Terriña" en 1902 na que xa realiza incursións na fotografía en cor. Nos primeiros anos do sec. XX os avances da fotografía permiten positivar os negativos en papel fotográfico, preparados e impresos no reverso como tarxetas postais, ou foto-postais, que tiñan unha maior nitidez, calidade de imaxe e soporte que as que se obtiñan por impresión en fotograbado. A partir de 1906 Pedro Ferrer, con fotografías de produción propia e outras que poseía no seu arquivo de fotógrafos colaboradores, inicia a venda de foto-postais que saen ao mercado agrupadas por temas: "Festejos de La Coruña", "Pueblos, Paisajes, Arte y Costumbres", "Galicia" ou o "Album de Fotografías" que puxo á venda entre 1907-1912.
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
A maior parte dos documentos son de libre acceso. Só se restrinxe o acceso naqueles documentos que están afectados polos supostos legais establecidos no artigo 105-b da Constitución (averiguación dos delitos, intimidade das persoas e seguridade do Estado). Por iso, nalgunhas series esta limitación se establece en 1965 e noutras en 1900.
Tamén, de xeito excepcional, en determinadas unidades de instalación pode restrinxirse o acceso segundo o estado de conservación dos documentos.
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
Limitada a súa reprodución en función da Lei de propiedade intelectual
Características físicas
Descrición do estado de conservación:
Necesítase un visor de diapositivas
Documentación relacionada
Existencia e localización de orixinais
Localización de orixinais:
Existen múltiples orixinais en diversos arquivos privados e publicos, entre eles o da propia familia.
Existencia e localización de copias
Existencia de copias:
No existen copias
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas:
Estas fotografías complementan o Fondo Ferrer e a Colección de postais da Coruña. Nestas últimas hai reproducidas moitas delas.