Os protocolos notariais existentes no Arquivo do Reino de Galicia proceden, en parte, dos preitos, causas e expedientes e dos autos de visitas de escribáns efectuadas pola Real Audiencia, aos que estaban unidos para servir de proba. Por outra banda, recolléronse tamén diversos protocolos de escribáns mortos sen sucesor ou que estaban abandonados.
Isto é debido fundamentalmente ao estipulado no Reglamento para el régimen y gobierno del Archivo General de Galicia, do ano 1853, no seu capítulo VI, De los papeles del archivo y de su clasificación y arreglo, onde di que O Arquivo Xeral de Galicia comprenderá: os protocolos e rexistros de escrituras de fe pública que se atopen abandonados ou en igual estado de inseguridade ou de ruína e todos os papeies, sexan xudiciais, de escrituras públicas ou de goberno, que para maior seguridade e confianza depositen nel as autoridades, corporacións e particulares. Fai referencia tamén á sección de Instrumentos de fe pública, que estaría composta polos rexistros ou protocolos de escrituras que se atopen no arquivo e os que en adiante pasen, os expedientes de visitas de escribáns coas súas epactas e índices, e os instrumentos desta clase de copias ou testemuñas que se atopen soltos ou fora de expedientes xudiciais.
Relacionado con isto, poucos anos despois da creación do Arquivo, a propia Junta del Reino solicita ao Real Acuerdo que mande ao Arquivo recoller os rexistros de receptores mortos, e que nos primeiros meses do ano remitan ao arquivo, eles ou os seus sucesores, copia auténtica do índice de instrumentos outorgados e que se ultimen os rexistros dos escribáns mortos. Para finalizar, o arquiveiro debía formar unha cronoloxía de escribáns, número de rexistros e anos, con distinción da provincia.
As entregas de escrituras das que temos constancia son:
Ano 1837: o escribán de SM, Juan Ramón López, como testamentario do escribán de Número da Coruña, Juan de Otero y Sánchez, anteriormente Receptor da Real Audiencia, remitiu os protocolos outorgados por este ao Arquivo Público e Xeral. En total foron remitidos 21 protocolos entre os anos 1806-1835.
Ano 1843: o 2 de febreiro de 1843, Domingo Antonio Taboada, escribán de Número da cidade da Coruña, fixo entrega dos rexistros de instrumentos dos que deu fe o seu pai Francisco Antonio Taboada entre os anos 1767 e 1778, Receptor da Audiencia e dos seus desde os anos 1808 e 1842.
Ano 1845: o escribán de SM, notario do Reino e de Número da cidade da Coruña, José Ramón Pulleiro, facía testemuño da causa criminal sobre extracción de varios papeis e protocolos pertencentes á antiga xurisdición de Miraflores realizada, ao parecer, polos invasores franceses na Guerra da Independencia. Na sentencia de 4 de decembro de 1842, acordouse que fosen trasladados ó Arquivo Xeral.
Produciuse unha segunda entrega o 19 de agosto de 1845, que se prolongou ata outubro de 1846.
Ano 1847: o 29 de xaneiro de 1847, o alcalde de Oleiros, Fermín Ibarrola, entregou ao Real Arquivo trece mazos con documentos correspondentes á antiga xurisdición de Miraflores.
Ano 1853: o falecemento do escribán de Número, Bernardo Vidal o 16 de decembro de 1853, orixinou que se inventariasen os protocolos do escribán de Número da Coruña, tamén defunto, Andrés Antonio de Leyes y Lourido.
Ano 1859: o fillo do escribán de SM, Pedro Sánchez Mosquera, entregou os instrumentos públicos dos que dera fe o seu pai, dezaseis en total, dando recibo o 28 de abril de 1859.
Ano 1860: o Conde de Maceda y San Román enviou en 1860 ao Arquivo os instrumentos duns vinte e nove escribáns de toda Galicia, especialmente de Pontevedra.
Ano 1870: os protocolos de Juan Antonio Vázquez, escribán de SM e Número da antiga xurisdición de Taboada (provincia de Lugo), de 1693 a 1723, exceptuando o de 1716, xunto cos protocolos de varios escribáns desa xurisdición e o seu contorno, foron enviados ao Arquivo Xeral de Galicia o 1 de marzo e o 7 de novembro de 1870, tras atopalos no arquivo particular da súa esposa, herdeira dos Condes de Taboada.
A documentación notarial do Arquivo sufriu ao longo da súa historia arquivística varias revisións e ordenacións, como apunta Pedro López:
No ano 1854 foi obxecto dun arranxo que se reflicte nas cubertas dalgúns protocolos. En 1946 reorganizáronse seguindo as Instruccións para os arquivos de protocolos. En 1951 cotexáronse os datos que figuraban nos índices das catro escribanías coas fichas de protocolos. No ano 1975 comezouse un reconto que parece que non foi rematado, e, por último, nos anos 1989 e 1990, realizouse un novo reconto xunto con limpeza e instalación .
Alcance e contido
Escrituras outorgadas na xurisdición de Monfero, correspondente ao distrito de Ferrol
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Acceso libre
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: Existen copias: Existen rolos de microfilm de 16 mm que se poden consultar neste centro.
Notas
Nota xeral
Nota á historia arquvística: oficio Gómez, núm. 3
Nota á área de identificación
Produtor: considérase que é o propio Arquivo, pois é unha agrupación de fondos realizado no propio centro.
Nota á área de contido e estrutura
As referencias numéricas dos instrumentos de descrición documental son as que figuran no Catálogo de Instrumentos de Descrición Documental e Bibliográfica. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, 2003.