• Accesibilidade
  • Mapa do portal
  • Contacto
  • Galego
  • Castellano
  • Portugués
Logo del Arquivo Dixital de Galicia Logo de Xunta de Galicia
  • Inicio
    • Quen somos
    • Colaboradores
  • Consulta
    • Busca asistida
    • Listado de fondos
    • Produtores
    • Materias
    • Lugares
  • Arquivos
  • Destacados
  • Usuarios
    • Participa
    • Contacto
    • Axuda
    • FAQ's
Está en: › Servizo Municipal de Deportes-Ciudad Deportiva

Servizo Municipal de Deportes-Ciudad Deportiva

Ligazón persistente

Visualizador embebido:

EAD Dublin Core RDF Linked Open Data / EDM 5.2.8
 

1. Área de identificación

1.1 Código de referencia

  • ES.GA.15030.AM/1.1.1.3.10.1.
Localización da documentación:
  • España-Galicia-A Coruña-A Coruña Icono con lupa

1.2 Título

  • Servizo Municipal de Deportes-Ciudad Deportiva

1.3 Datas

Data de creación:
  • 1980-01-01 / 1986-12-31. 1980 a 1986
Data de acumulación:
  • 1970-12-31

1.4 Nivel de descrición

  • Subactividade 1

1.5 Volume e soporte da unidade de descrición

  • 21 Unidade(s) de instalación
Outras características físicas:
  • Papel, fotografía

2. Área de contexto

2.1 Produtor-Institución

  • Concello da Coruña, Productor Icono con lupa
Outros produtores-institución:
  • A Coruña. Servizo municipal de Deportes Icono con lupa
  • Ciudad Deportiva Municipal de la Coruña. Patronato Icono con lupa

2.2 Historia institucional/biografía

  • Unha vez que se disolve a Fundación pública Ciudad Deportiva Municipal José Pérez-Ardá, por Decreto de alcaldía do 25 de abril de 1980 a xestión da Cidade deportiva pasa a ser realizada polos órganos municipais de goberno que, en cada caso, fosen competentes, e baixo dictame da Comisión Informativa correspondente. Noméase ademais un Director da Cidade Deportiva con carácter provisional, cargo que recae no Xefe de Sección do Corpo Técnico de Administración Xeral, Felipe Poncet Pérez. En novembro de 1981 créase a Comisión especial de Deportes para negociar co R. C. Deportivo a compra das instalacións que este poseía nas inmediacións da Torre de Hércules.O Concello Pleno en sesión do 28 de xaneiro de 1983 decide que será a Comisión informativa de Gobernación, Turismo y Relaciones Públicas a que asumirá no sucesivo a competencia en materia de Deportes para os efectos previdos nos artigos 90 e seguintes do Regulamento de Organización, funcionamento e Réxime Xurídico das Corporacións locales".Por acordo plenario do 11 de xullo de 1983 aprobarase a contratación de Eduardo Blanco Pereira como Director da Cidade Deportiva Municipal.

2.3 Historia arquivística

  • A maior parte da documentación estaba en caixas, ordenada por tipoloxías documentais e datas pero moita outra estaba empaquetada con papel de embalar e metida en caixas grandes, con gran cantidade de pó.

2.4 Forma de ingreso

Forma xurídica do ingreso:
  • Transferencia

3. Área de contido e estrutura

3.1 Alcance e contido

  • A subactividade abrangue documentación dende 1980, ano en que se disolve a Fundación Ciudad Deportiva Municipal, ata 1986. O maior volume de documentación corresponde á serie de expedientes de actividades deportivas e culturais así como á de xestión económica do uso das instalacións deportivas. Como a maior parte das actividades tanto culturais coma políticas das décadas dos 70-80 se realizaron nas instalacións deportivas (Pabellóns e Pazo dos Deportes) esta documentación resulta de interese para complementar os expedientes de actividades culturais que realizou o concello nese período.

3.2 Valoración, selección e eliminación

Valoración, selección e eliminación:
  • Valorada -Conservación permanente -Expúrgaronse en marzo de 2009: 1. Follas de inscricións individuais nas diferentes actividades deportivas. 1980-1983.Mantéñense os listados das persoas inscritas. 3 Caixas 2. Talonarios de tickets, en blanco, de entradas ás instalacións deportivas. Mantéñense algúns talonarios de testemuña da actividade. 1 Caixa 3. Talonarios de ingreso de taxas, por uso das instalacións deportivas, en Depositaría. 1984-86.3 caixas 4. Follas de control de material deportivo. 1985. ½ caixa 5. Partes de ocupación diaria nos diferentes pabellóns deportivos. 1980-1986. 6 caixas. 6. Partes de ocupación diaria da piscina. 1981-1982/1984-1986.3 +1/2 caixas As testemuñas dos procedimentos dos actos administrativos que se expurgaron poden verse na Caixa 7344

3.4 Organización

  • 3. Servizos 3.10.Deporte 3.10.2. Servizo Municipal de Deportes-Ciudad Deportiva (1980- ) 3.10.2.1.Administrador 3.10.2.2.Director Técnico

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1 Condicións de acceso

Descrición condicións de acceso:
  • A maior parte dos documentos son de libre acceso. Só se restrinxe o acceso naqueles documentos que están afectados polos supostos legais establecidos no artigo 105-b da Constitución (averiguación dos delitos, intimidade das persoas e seguridade do Estado). Por iso, nalgunhas series esta limitación se establece en 1965 e noutras en 1900. Tamén, de xeito excepcional, en determinadas unidades de instalación pode restrinxirse o acceso segundo o estado de conservación dos documentos.

4.2 Condicións de reprodución

Condicións de reprodución:
  • Limitada a súa reprodución en función da Lei de propiedade intelectual. Está suxeita ás taxas e prezos públicos fixados o 14 de setembro de 1995 polo Concello na sua Ordenanza nº 32, reguladora do prezo público por prestación de servizos e utilización de instalacións culturais, educativas e análogas de titularidade municipal.

4.3 Lingua/Escritura(s) da documentación

Lingua:
  • Spanish; Castilian
  • Galician

4.4 Características físicas

Estado de conservación:
  • Bo

4.5 Instrumentos de descrición

Instrumentos de descrición:
  • Inventario e Rexistro topográfico

5. Área de documentación asociada

5.2. Existencia e localización de copias

Existencia de copias:
  • No existen copias

5.3 Unidades de descrición relacionadas

Unidades de descrición relacionadas:
  • Esta documentación continúa algunha das series da Fundación pública Ciudad Deportiva Municipal Pérez-Ardá

5.4 Nota de publicacións

Bibliografía:
  • DOMÍNGUEZ ALMANSA, Andrés. Historia social do deporte en Galicia: cultura deportiva e modernidade:1850-1920. Vigo, Galaxia,2009

7. Área de control da descrición

7.2 Regras ou normas

Regras ou normas:
  • Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Proposta inicial. Maio 2008

Descritores

Descritores xeográficos

  • A Coruña (Galicia) Icono con lupa

Descritores de materia

  • Deportes Icono con lupa
 
  • Logo de OAI-PMH
  • Logo de Linked Open Data
  • Logo de Europeana Data Model
  • Logo de RSS
  • Logo de ARPAD
  • Logo de POCTEP
  • Logo de FEDER

Xunta de Galicia

Xunta de Galicia: Información mantida e publicada na internet pola Secretaría Xeral de Cultura

Atención a la ciudadanía

Galicia