Alberto Catoira y Noboa traballa como mestre de víveres da Real Armada nos buques "La Liebre", "San Eugenio", "Vencedor", "Santa Escolástica" e "Oriente". Máis tarde vémolo solicitando o emprego de escribán de Mariña en Ferrol; en 1775 xa o vemos dando fe na vila e vivindo de alugueiro ata que constrúe a súa casa. En 1804 solicita a aceptación no arquivo da vila dos 37 mazos da execución e cumprimento dos bens e herdanza de Domingo Rodríguez e a súa muller, Juana Barciela, defuntos, veciños de Ares, documentación que lle entregara a el a Real Audiencia en 1787. Á súa morte, en 1806, faise un reconto dos seus papeis, que abranguen os anos 1765-1783.
Historia arquivística
Este fondo ingresou por transferencia o 16 de novembro de 1982, mesturado dentro do fondo do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Ferrol, que fora encargado de transferir ao Arquivo do Reino de Galicia a documentación procedente da antiga xurisdición de Ferrol.
Seguramente a documentación chegou en cumprimento do Decreto da Suprema Xunta de Goberno de Galicia, do 3 de marzo de 1820 (5.143/12). O dito decreto establecía a obriga de construír ou dedicar unha peza para arquivo na capital cabeza de partido; nesa peza debíanse gardar todos os procesos civís e criminais correspondentes ás localidades, xurisdicións e coutos indicados, ademais dos protocolos dos escribáns que falecesen no seu distrito, con formal lista duns e doutros, con expresión do seu estado e foliación (fol. 3).
Alcance e contido
A meirande parte da documentación corresponde á súa actividade como mestre de víveres dos distintos navíos nos que serviu, tal como se aprecia nas series de certificados, contas, libros copiadores, recibos ou relacións de bens. Con todo, a relativa á súa vida privada tamén é moi numerosa.
Clase de documento:
Textual
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Acceso libre en xeral.
Normativa:
Trátase de documentación pública de titularidade estatal xestionada pola Xunta de Galicia. Ao ser depositados no ARG, os documentos que integran o fondo adquiren a condición de bens de interese cultural, tal e como estipulan, respectivamente, os artigos 50 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e o 60 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español; pasan a gozar por tanto do réxime de protección que as devanditas normas establecen para estas categorías de bens culturais.
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lingua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Estado de conservación:
Malo
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas: Real Audiencia de Galicia, Alcaldía Maior de Ferrol, Xulgado de Guerra e Mariña de Ferrol
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia