Xulgado Municipal do Valadouro

Ligazón persistente
EAD Dublin Core RDF Linked Open Data / EDM 5.2.8
 

1. Área de identificación

1.1 Código de referencia

  • ES.GA.27028.AHPLU/1.1.4.1.XMVa.

1.2 Título

  • Xulgado Municipal do Valadouro

1.3 Datas

Data de creación:
  • 1897 / 1899

1.4 Nivel de descrición

  • Fondo

1.5 Volume e soporte da unidade de descrición

  • 1 Unidade(s) de instalación compartida(s)
  • 0,1 m.

2. Área de contexto

2.1 Produtor-Institución

2.2 Historia institucional/biografía

2.3 Historia arquivística

  • Descoñécese o desenvolvemento completo da historia arquivística; probablemente a documentación estivo depositada no local de arquivo do Rexistro da Propiedade de Mondoñedo ou nalgún local común das institucións locais, posto que O Valadouro pertence ao partido xudicial de Mondoñedo.

2.4 Forma de ingreso

Forma xurídica do ingreso:
  • Transferencia
Descrición da forma de ingreso:
  • O fondo ingresou probablemente mesturado coa documentación da oficina do Rexistro da Propiedade de Mondoñedo, nalgunha transferencia da Contadoría de Hipotecas, ou da Oficina Liquidadora de Mondoñedo.

3. Área de contido e estrutura

3.1 Alcance e contido

  • O fondo abarca un reducido período de tempo de finais do s. XIX. Componse principalmente de expedientes de xuízos verbais, expedientes de xuízos de faltas e actos de conciliación. A documentación xerada por este organismo xudicial é unha fonte de información para a investigación da historia do Valadouro en diversos ámbitos.

3.4 Organización

  • O fondo segue unha clasificación orgánica-funcional e está organizado da seguinte maneira: - Civil. - Penal.

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1 Condicións de acceso

Descrición condicións de acceso:
  • A documentación é de acceso libre, segundo o artigo 57 da Lei 16/1985 de Patrimonio Histórico Español (supera o límite de 50 anos desde a data do documento que determina a lexislación para a súa consulta pública) e o artigo 23 da Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia.

4.2 Condicións de reprodución

Condicións de reprodución:
  • Os prezos están suxeitos ao Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia. A prestación do servizo quedará condicionada ao estado de conservación dos fondos.

4.3 Lingua/Escritura(s) da documentación

Lingua:
  • Spanish; Castilian

4.5 Instrumentos de descrición

Instrumentos de descrición:
  • Existe un inventario nunha base de datos Access.

5. Área de documentación asociada

5.3 Unidades de descrición relacionadas

Unidades de descrición relacionadas:
  • O Xulgado de Paz do Valadouro custodia unidades documentais asociadas, tanto por ser o organismo que lle precede en funcións, como por sucederlle a partir de 1945. No Arquivo Xudicial Territorial de Lugo pódense atopar documentos relacionados no fondo do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 1 de Mondoñedo, como poden ser as apelacións das resolucións ditadas por este Xulgado Municipal.

7. Área de control da descrición

7.1 Nota da/do arquivista

  • Antonio López Bodaño

7.3 Data(s) da (s) descrición(s)

Data de creación:
  • 2016/12/05
Data de última modificación:
  • 2017/04/03 11:11:59
Última validación completa:
  • 03/04/2017 11:11:59