Xulgado Municipal de Becerreá

Ligazón persistente
EAD Dublin Core RDF Linked Open Data / EDM 5.2.8
 

1. Área de identificación

1.1 Código de referencia

  • ES.GA.27028.AHPLU/1.1.4.1.XMBe.

1.2 Título

  • Xulgado Municipal de Becerreá

1.3 Datas

Data de creación:
  • 1875 / 1972

1.4 Nivel de descrición

  • Fondo

1.5 Volume e soporte da unidade de descrición

  • 11 Unidade(s) de instalación

2. Área de contexto

2.1 Produtor-Institución

2.2 Historia institucional/biografía

  • Os xulgados municipais exercen a administración de xustiza no ámbito local; este organismo ten o seu precedente máis inmediato na figura dos xuíces de paz, creados a partir do Real Decreto do 22 de outubro de 1855, que establecía en todos os concellos este cargo de carácter obrigatorio por dous anos e gratuíto cunhas funcións sobre todo conciliadoras, ademáis de exercer primeiras dilixencias en determinados asuntos como os procesos de abintestato ou coñecer os xuízos verbais de menor contía.

2.3 Historia arquivística

  • A documentación producida por este organismo xudicial conservábase no local destinado a arquivo do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Becerreá. No ano 2014 a documentación de conservación permanente transferiuse ao Arquivo Xudicial Territorial de Lugo.

2.4 Forma de ingreso

Forma xurídica do ingreso:
  • Transferencia
Fonte do ingreso:
  • Arquivo Xudicial Territorial de Lugo
Data de transferencia:
  • 10/03/2016

3. Área de contido e estrutura

3.1 Alcance e contido

  • O fondo abarca un período temporal desde finais do s. XIX ata a segunda metade do século XX. Predominan os Expedientes de asuntos civís. A documentación xerada por este organismo xudicial orixina unha importante fonte de información para a investigación histórica en diferentes ámbitos como a emigración ou a vida cotiá de Becerreá. Así mesmo, os procedementos civís poden servir de proba de dereitos, por exemplo, nos asuntos relacionados coa propiedade da terra.

3.2 Valoración, selección e eliminación

Valoración, selección e eliminación:
  • A normativa ministerial en materia de eliminación de expedientes xudiciais do século XX (Real Decreto do 29 de maio de 1911, Orde do 29 de marzo de 1937) afectou a composición do fondo, xa que a maior parte dos procedementos civís corresponde aos anos posteriores a 1932 e non se conservan causas penais.

3.4 Organización

  • O fondo segue unha clasificación orgánica-funcional e está organizado da seguinte maneira: - Administración e Goberno. - Civil. - Penal.

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1 Condicións de acceso

Descrición condicións de acceso:
  • Esta documentación contén datos de carácter persoal e procesual, polo que só se poderá consultar co consentimento dos afectados ou cando supere o prazo que determina a lexislación, é dicir, 25 anos desde a morte da persoa afectada, ou 50 anos a partir da data dos documentos (art. 57.1.c. da Lei 16/1985 de Patrimonio Histórico Español).

4.2 Condicións de reprodución

Condicións de reprodución:
  • Os prezos están suxeitos ao Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia. A prestación do servizo quedará condicionada ao estado de conservación dos fondos.

4.3 Lingua/Escritura(s) da documentación

Lingua:
  • Spanish; Castilian

4.5 Instrumentos de descrición

Instrumentos de descrición:
  • Existe un inventario nunha base de datos Access.

5. Área de documentación asociada

5.3 Unidades de descrición relacionadas

Unidades de descrición relacionadas:
  • No Arquivo Histórico Provincial de Lugo pódense atopar documentos relacionados no fondo do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Becerreá, como poden ser as apelacións das resolucións pronunciadas por este Xulgado Municipal. A documentación do organismo que lle sucede nas súas funcións, o Xulgado Comarcal de Becerreá, conservarase no local de arquivo dos Xulgados de Becerreá.

7. Área de control da descrición

7.1 Nota da/do arquivista

  • Antonio López Bodaño

7.2 Regras ou normas

Regras ou normas:
  • Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febrero 2010.

7.3 Data(s) da (s) descrición(s)

Data de creación:
  • 2019/06/19
Data de última modificación:
  • 2019/06/24 11:20:14
Última validación completa:
  • 24/06/2019 11:20:14