A Constitución Española no artigo 148.1 establece que as Comunidades Autónomas poderán asumir competencias en materia de museos e bibliotecas e patrimonio monumental de interese da Comunidade Autónoma, así como fomento da cultura. No artigo 149.1 reserva ao Estado a competencia exclusiva da lexislación sobre propiedade intelectual e a defensa do patrimonio cultural, artístico e monumental español contra a exportación e a espoliación; museos, bibliotecas e arquivos de titularidade estatal, sen prexuízo da súa xestión por parte das Comunidades Autónomas e no 149.2, sinala que o Estado considerará o servizo da cultura como deber e atribución esencial e facilitará a comunicación cultural entre as comunidades autónomas, de acordo con elas.
O Estatuto de Autonomía de Galicia establece no artigo 27 que corresponde á Comunidade Autónoma Galega a competencia exclusiva en materias referentes ao patrimonio histórico, artístico, arquitectónico, arqueolóxico, de interese de Galicia, sen prexuízo do que dispón o artigo 149.1 da Constitución; arquivos, bibliotecas e museos de interese para a Comunidade Autónoma, que non sexan de titularidade estatal, e servizos de Belas Artes de interese para a Comunidade; así como o fomento da cultura sen prexuízo do que establece o artigo 149.2 da Constitución. Igualmente, no artigo 32, sinala que corresponde á Comunidade Autónoma a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego.
Estas competencias traspásanse do Estado á Comunidade Autónoma a través do Real decreto 1634/1980, de 31 de xullo, que transfire as referentes ao Centro Nacional de Lectura, depósito legal de libros e ISBN, tesouro bibliográfico e rexistro xeral da propiedade intelectual; o Real decreto 2434/1982, de 24 de xullo, que transfire as competencias en materia de patrimonio histórico, artístico, arquitectónico, arqueolóxico e tesouro bibliográfico e documental de interese para Galicia; arquivos, bibliotecas, museos e servizos de belas artes, que non sexan de titularidade estatal; así como as de fomento da cultura; o Real decreto 1531/1989, de 15 de decembro, que traspasa a xestión de bibliotecas, arquivos e museos de titularidade estatal; o Real decreto 2169/1994, de 4 de novembro, que o fai sobre as funciones relativas ao servizo público de información cultural comprendido dentro do programa puntos de información cultural (PIC) e o Real decreto 1825/1998, de 28 de agosto, que amplía as funcións en materia de execución da lexislación sobre propiedade intelectual. EVOLUCIÓN:
O Decreto 30/1982, do 17 de febreiro establece que os órganos encargados de levar a cabo as competencias en materia de cultura estarán a cargo do Conselleiro Adxunto ao Presidente para a Cultura, pero será o Decreto 140/1982, do 30 de novembro o que crea a Consellería de Cultura, unha vez realizados os traspasos de funcións e servizos do Estado á Comunidade Autónoma. A súa estrutura orgánica e funcional será recollida polo Decreto 147/1982, do 1 de decembro, tendo unha vida de pouco máis de un ano. A partir deste momento, e salvo o período comprendido entre 1993 e 1996, o departamento que se fará cargo das competencias en materia de Cultura terá asignadas, ademais, outras. Así será: Consellería de Educación e Cultura (Decreto 124/1983, do 15 de setembro), Consellería de Cultura e Benestar Social (Decreto 11/1986, do 1 de marzo), Consellería de Cultura e Deportes (Decreto 234/1987, do 29 de setembro), Consellería de Cultura e Xuventude (Decreto 12/1990, do 5 de febreiro), Consellería de Cultura e Comunicación Social (Decreto 212/1996, do 6 de xuño), Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo (Decreto 347/1997, do 9 de decembro), Consellería de Cultura e Deporte (Decreto 211/2005, do 3 de agosto), Consellería de Cultura e Turismo (Decreto 237/2009, do 11 de xuño) e Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Decreto13/2012, do 4 de xaneiro) ESTRUTURA
Desde 1982 ata a actualidade a estrutura dos órganos encargados de levar a cabo as competencias de cultura variarán, adscribíndose a diferentes consellerías. As funcións comúns estarán a cargo da Secretaría Xeral e as específicas serán desenvolvidas por dúas Direccións Xerais (ás veces refundidas nunha soa), que cambian de nome e modifican algunha función ao longo do tempo. Unha terá ao seu cargo a dirección e coordinación das actuacións en materia de promoción cultural e do libro e bibliotecas e outra a dirección e coordinación en materia de patrimonio histórico, artístico, arquitectónico, arqueolóxico, paleontolóxico, etnolóxico e documental así como en arquivos e museos. A partires do ano 2012 quedarán a cargo da Secretaría Xeral de Cultura (Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro).
No ano 1993 créase a Dirección Xeral de Promoción do Camiño de Santiago que terá ao seu cargo a dirección e coordinación das actuacións en todo o relativo ao Camiño de Santiago. Estas funcións foran desenvolvidas desde 1991, ante a proximidade da celebración do Ano Santo Xacobeo do ano 1993, polo Comisario Xacobeo de Galicia. No ano 1996, esta Dirección Xeral desaparecerá para integrarse, primeiro como Xerencia de Promoción do Camiño, na Secretaría da Consellería. Polo Decreto 36/2006, do 23 de febreiro, pasará a depender Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e finalmente Secretaría Xeral de Cultura (Decreto 45/2012, do 19 de xaneiro9
As especiais características que concorren no servizo público de promoción cultural nos eidos do teatro, a danza e a música aconsellaron a creación dun organismo que baixo o control dos órganos centrais da Administración autonómica permitisen unha axilidade na xestión administrativa e comercial. Por este motivo creouse pola Lei 4/1989, do 21 de abril, o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), organismo autónomo de carácter comercial adscrito a Consellería de Cultura e Deportes. Este órgano será substituído pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) na Lei 4/2008, do 23 de maio, debido a que a restrición do campo de actuación do IGAEM ás artes escénicas e musicais era un límite á hora de desenvolver unha programación uniforme para o fomento das actividades artísticas e culturais, optándose por unha axencia que englobase a totalidade destas actividades.
Historia arquivística
O Arquivo de Galicia recibe periodicamente as transferencias de documentos relacionados coa área funcional de Cultura producidos polos diferentes órganos da Xunta de Galicia.
Alcance e contido
Ficha informativa de cruceiro situado no lugar da Abelenda, parroquia de Santiago de Pontellas, concello do Porriño. A ficha presenta os seguintes datos:
- Datos de identificación (incorpora as coordenadas xeográficas).
- Datos de tipo histórico ou etnográfico.
- Datos patrimoniais.
- Situación xurídica.
- Plano de situación.
- Plano de alzado e planta.
- Fotografía(s).
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
O acceso aos arquivos e rexistros administrativos e un dereito contemplado pola Constitución Española de 1978 (artigo 105, b). Este dereito, que ten as restricións establecidas na Constitución e nas leis, está regulado con carácter xeral pola Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común -no que afecta á documentación administrativa -e pola Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español -no que afecta á documentación histórica.
Normativa:
Trátase de documentación pública de titularidade autonómica .
Ao estar depositados nun Arquivo, os documentos adquiren a condición de Bens de Interese Cultural (art. 50 da Lei 8/1995, de 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia e 60 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español), pasando a gozar así do réxime de protección establecido nesas normas
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
A reprodución de documentos está suxeita á Lei 6/2003, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e polo Decreto 320/1992, de 12 de decembro, polo que se fixan os prezos percibidos pola Xunta de Galicia, para os arquivos e museos xestionados pola Xunta ou de titularidade autonómica. Igualmente a publicación dunha reprodución debe ser autorizada, devengando o prezo público establecido no devandito Decreto ( artigo 5).
Lingua:
Galician
Spanish; Castilian
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Descrición do estado de conservación:
Atendendo á clase dos documentos, a maior parte da documentación é de carácter textual, pero tamén hai tamén a presenza de documentos iconográficos como fotografías; planos; etc..