Dentro da actividade bancaria da cidade de Ourense, destacou Simeón García, rioxano afincado en Galicia na segunda metade do século XIX, que estableceu o primeiro comercio ao por maior de tecidos en Santiago de Compostela (Casa Simeón); actividade que estendeu paulatinamente a outras localidades galegas e do resto de España, distribuíndo tecidos cataláns e bexaranos. En Ourense, instálase na segunda metade do século XIX, inicialmente na praza Maior, para, despois, levantar o emblemático "Edificio Simeón" de 1894. O almacén de tecidos foi complementado cunha banca comercial creada (1918) sobre a base do aforro dos propios clientes da casa, que recibiu o nome de "Banca de Hijos de Simeón García y Compañía", cuxa actividade se estendeu ás demais provincias galegas ata 1958, momento no que traspasou as súas oficinas de Ourense, Santiago e Vilagarcía ao Banco Español de Crédito, permanecendo unicamente en Vigo, para dar lugar, posteriormente, ao Banco Simeón.
Alcance e contido
A documentación constitutiva deste fondo foi xerada no desenvolvemento das actividades cotiás da empresa, que abarcaban a actividade bancaria e o comercio de tecidos. Na documentación conservada predominan os libros rexistro das más variadas tipoloxías: de efectos a cobrar, de efectos a negociar, de devolucións, de xiros, de facturas, de letras devoltas, de talóns, de cupóns, de xéneros (tecidos), de contas correntes con bancos, de saída de mercadorías, de obrigas a pagar, de debedores, de clientes, etc. Entre a documentación da actividade bancaria atópanse libros de balance xeral, libros maiores, libros de caixa, auxiliares de contas a crédito, rexistros de depósitos, contas de créditos, de letras aceptadas, rexistro de c/c con intereses, rexistro de valores, libros de c/c con corresponsales de banca, etc.Ademáis é moi abundante a correspondenci a e a documentación contable (libros de caixa, libros maiores, libros e diarios de gastos...) e consérvase outra documentación como copiadores de cartas, letras , recibos de contas, facturas, pagos de salarios, cheques, letras de cambio, vales, propaganda, listas de prezos, diario de vendas ao contado, diarios copiad ores de facturas, etc.
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
En aplicación do art. 57.1.c da lei 16/85 do Patromonio Histórico Español, non poderá ser consultada a documenación que conteña datos de carácter persoal (salvo consentimento expreso dos afectados) ata que transcorran 25 anos da morte dos afectados ou 50 anos en caso de non coñecer a data de falecemento.
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
Ninguna
Dereitos de Autor
Situación de Dereitos de Autor:
Non hay
Lingua:
Spanish; Castilian
Escritura:
Humanista
Mecanografiada
Características físicas
Material no que se rexistra a información:
Papel
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas: Consérvase documentación da mesma empresa no Arquivo do Reino de Galicia, e no Arquivo Histórico Universitario de Santiago.
Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia