Este conxunto de fotografías procede dunha compra realizada á Librería Orillamar.
2.4 Forma de ingreso
Forma xurídica do ingreso:
Compra
Descrición da forma de ingreso:
T-2013-032
Data de ingreso:
18/11/2013
3. Área de contido e estrutura
3.1 Alcance e contido
Descoñécese o autor deste conxunto de negativos fotográficos. Non obstante, parece que se trata dun único autor pois tanto nos negativos de vidro como nos de celuloide aparecen as mesmos persoas. Igualmente, parece que se trata dun fotógrafo aficionado pois na imaxe con signatura UDC_DF_375 aparece unha ampliadora fotográfica nun dormitorio. Pódese establecer a cronoloxía destas fotografías con certa precisión. En concreto, a que posúe a signatura UDC_DF_000365 retrata a amerizaxe na Coruña do hidroavión DO-X no 30 de novembro de 1930. Tomando como referencia esta data, os outros negativos non parecen distanciarse moito tempo dela.
Con todo, nalgunha das imaxes onde aparece representada unha familia dá impresión de que son fotografías feitas a outras fotografías, cronoloxicamente bastante anteriores.
Xeograficamente, as imaxes parecen corresponder (todas ou polo menos a maioría delas) á Coruña e ao seu entorno inmediato. A temática é moi variada: fotos individuais, de grupos familiares, de grupos de amigos, paisaxes, actos salientables, fotos nocturnas da cidade, interiores de vivendas, etcétera.
Clase de documento:
Iconográfico
4. Área de condicións de acceso e utilización
4.4 Características físicas
Estado de conservación:
Regular
5. Área de documentación asociada
5.2. Existencia e localización de copias
Existencia de copias:
No existen copias
5.4 Nota de publicacións
7. Área de control da descrición
7.1 Nota da/do arquivista
Descrición realizada por José Felipe Fernández López