Galicia asumiu, no seu Estatuto de autonomía as competencias en materia de augas e obras hidráulicas que lle corresponden dentro do marco prefigurado nos artigos 148 e 149 da Constitución. Así, Galicia ten a competencia exclusiva en obras públicas que non teñan a cualificación legal de interese xeral do Estado ou nas que a súa execución e explotación non afecte a outra Comunidade Autónoma, e en aproveitamentos hidráulicos, canles e regadíos, cando as augas discorran dentro do territorio da Comunidade (artigo núm. 12 do Estatuto), así como da potestade de autoorganización dos servizos que deberán ter ao seu cargo o propio exercicio. En consecuencia, estas competencias proxéctanse fundamentalmente sobre as bacías hidrográficas de “Galicia-Costa” xa que na do “Miño-Sil” predominan as estatais.
Como resultado destas ditas competencias créase Augas de Galicia como un organismo autónomo de carácter administrativo, adscrito á Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas, de acordo coa Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da administración hidráulica de Galicia. Así lle corresponden:
- A elaboración, o seguimento e a revisión dos plans hidrolóxicos.
- A administración e o control do dominio público hidráulico.
- A administración e o control dos aproveitamentos hidráulicos.
- O proxecto, a construción e a explotación das obras hidráulicas.
Polo Decreto 108/1996, do 29 de febreiro, no que se aproba o Regulamento do organismo autónomo Augas de Galicia, establécese na terceira disposición derradeira que a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda fixará a entrada en funcionamento do organismo autónomo Augas de Galicia
unha vez aprobadas as correspondentes dotacións orzamentarias.
Na actualidade Augas de Galicia é unha entidade pública e empresarial da Xunta de Galicia, adscrita á consellería compentente en materia de augas, que se rixe polo decreto 32/2012 e exerce as súas funcións de acordo cos principios xerais establecidos no artigo 3 da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia. As súas grandes liñas de actuación son as seguintes:
- Utilización sustentable e racional da auga e contribución á preservación e mellora do medio ambiente e, en particular, dos ecosistemas acuáticos.
- Compatibilidade da xestión pública da auga coa ordenación do territorio, a actividade económica, a conservación e protección do ambiente e a restauración da natureza.
- Unidade de xestión e planificación da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa.
- Participación das persoas usuarias, transparencia e información ao público en xeral.
- Eficacia na prestación dos servizos públicos de abastecemento, saneamento e depuración.
- Recuperación dos custos dos servizos relacionados coa auga, incluídos os custos ambientais, para acadar a suficiencia financeira do sistema no marco dun prezo asequible.
- Coordinación e cooperación entre as administracións públicas con competencias en materia de augas e obras hidráulicas.
- Garantía da calidade da subministración da auga urbana en defensa da saúde dos cidadáns e das cidadás.
Historia arquivística
Os documentos producidos polos organismos estatais en Galicia nos ámbitos das augas e das obras hidráulicas pasaron, cos decretos de transferencias á comunidade autónoma (RD 1870/1985 e RD 659/1986) nos que estaba incluída a entrega de documentación e expedientes relativos aos servizos traspasados, a custodiarse nos locais da entidade Augas de Galicia. No ano 2014 esta entidade fixo a primeira transferencia ao Arquivo Histórico.
Alcance e contido
Documentación técnica presentada pola "Sociedad Anónima Azucarera de Padrón" do aproveitamento de 60 litros de auga por segundo do río Sar, ao seu paso pola parroquia de Santa María de Iría Flavia no concello de Padrón, para uso da fábrica azucreira.
O proxecto contén:
- Memoria.
- Planos.
- Orzamento.
Clase de documento:
Textual
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
O acceso aos arquivos e rexistros administrativos é un dereito contemplado pola Constitución Española de 1978 (artigo 105, b). Este dereito, que ten as restricións establecidas na Constitución e nas leis, está regulado con carácter xeral pola Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, do 1 de outubro -no que afecta á documentación administrativa- e pola Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español -no que afecta á documentación histórica. Estas restricións froito dunha busca do equilibrio con outros dereitos protexidos na constitución como os que afectan á seguridade, honor, intimidade da vida privada ou familiar ou imaxe das persoas, os segredos oficiais, ou a propiedade intelectual están reguladas por outras normas legais específicas. O exercicio do dereito de acceso comprende a consulta dos documentos e da información neles contida e a obtención de copias e certificados. Poderán facerse as solicitudes directamente na sala de lectura ou por medio de correo electrónico, correo postal, fax, teléfono ou internet. Por razóns de conservación poderá restrinxirse a consulta de documentos orixinais.
Normativa:
Trátase de documentación pública de titularidade autonómica . Ao estar depositados nun Arquivo, os documentos adquiren a condición de Bens de Interese Cultural (art. 50 da Lei 8/1995, de 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia e 60 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español), pasando a gozar así do réxime de protección establecido nesas normas
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
A reprodución de documentos está suxeita á Lei 6/2003, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e polo Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
Lingua:
Spanish; Castilian
Galician
Escritura:
Humanista
Mecanografada
Características físicas
Material no que se rexistra a información:
Papel
Estado de conservación:
Bo
Descrición do estado de conservación:
En liñas xerais o estado e bo. Non obstante, existe un pequeno grupo de documentos en mal estado ao resultar afectados pola humidade.
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Notas
Nota xeral
As concesións de aproveitamentos son só das bacías hidrográficas de "Galicia-Costa", xa que a do "Miño-Sil" é de competencia estatal.