O Sindicato Local do Porto da Coruña constituise en 1940 con arreglo ao artigo 4 da lei de bases de Ordenación Sindical. Intégranse nel as "categorías produtoras que interveñen na fase comercial do tráfico de mercadorías polo porto da Coruña...". Estará presidido pola Xunta Sindical Asesora. Entre os seus fins estaban: estimular, fomentar e defender o desenvolvemento económico do porto da Coruña, procurar o perfeccionamento profesional e a formación dun censo exacto de traballadores, etc
Herdará os bens e persoal da Asociación Xeral Patronal da Coruña no momento en que ésta se integra na Central Nacional Sindicalista.
Coa Orde do 27 de marzo de 1943, que modificaba o regulamento nacional de carga e descarga, estiba e desestiba do ano 1939, creouse a figura da Sección de Traballos Portuarios en cada porto que se fai cargo do patrimonio do Sindicato.
Historia arquivística
Esta documentación chegou ao arquivo por medio dunha transferencia enviada pola "Dirección Provincial de Trabajo, Seguridad Social y Asuntos Sociales" o 16 de novembro de 1998