A orde pública, unha das competencias típicas e máis destacadas do Goberno Civil ao longo da súa historia, aparece por primeira vez organizada para o período que nos ocupa no Negociado de Orde Pública, da Sección de Goberno e Réxime Interior (consonte a Orde do 24 de xuño de 1961).
No Real decreto 2669/1977, do 15 de outubro, o nome cambia polo máis acorde cos tempos de “Dereitos Cidadáns”, e despréndese daquelas competencias que pasarán a unha nova subsección de Autorizacións Administrativas, que viña xestionando esta subsección. Na Orde de desenvolvemento do 13 de decembro de 1977 estrutúrase esta sección, que depende da Vicesecretaría Xeral.
O Estatuto dos gobernadores civís de 1980 establece entre as súas facultades as seguintes: velar polo exercicio de dereitos e liberdades públicas; garantir o principio de legalidade e seguridade xurídica, ademais de manter a orde pública; exercer a xefatura dos corpos e forzas de seguridade do Estado e exercer a facultade sancionadora. Pero todo iso dentro do marco da Constitución de 1978, que matiza e cobre de garantías unha serie de cuestións que na época franquista proporcionaban ao Gobernador un poder enorme nestas materias.
A Orde do 25 de xuño de 1982 vincula estas competencias á Vicesecretaría, e dentro desta á sección de Dereitos Cidadáns, excepto o relativo á vixilancia xurada, que depende de Autorizacións Administrativas, no negociado de Seguridade Cidadá .
XUNTA PROVINCIAL DE ORDE PÚBLICA / SEGURIDADE: Ignoramos a data de creación desta Xunta, xa que na documentación só encontramos referencias a unha orde comunicada do Ministerio da Gobernación, do 27 de xullo de 1968, sobre a creación na provincia da Xunta de Orde Pública; mais non se puido localizar. Cambia de nome, pero non de funcións, coa reorganización dos Gobernos Civís do ano 1982. Forman parte desta xunta o gobernador civil que a preside, o secretario xeral, que actúa como secretario da Xunta, e representantes da Policía e da Garda Civil. Entre as súas funcións e labores destacan: planificar a seguridade cidadá a longo prazo mediante a elaboración de plans provinciais ou sectoriais; programar actuacións semanais, mensuais ou trimestrais; formar os membros da propia Xunta mais aquelas persoas que estimasen necesario.
Historia arquivística
Ata o momento do primeiro ingreso no Arquivo do Reino de Galicia (a partir de novembro de 1986), o fondo estivo custodiado nas dependencias da institución remitente, en deficientes condicións de organización e conservación a documentación transferida ata 1993 e en mellores condicións as transferencias posteriores.
Alcance e contido
Inclúe "Breve resumen de la labor económica realizada por el excmo. Ayuntamiento de La Coruña" (1942). Trátase dun resumo dos presupostos do Concello da Coruña de 1939 a 1942
Condicións de acceso
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Dereitos de Autor
Situación de Dereitos de Autor:
Os planos e deseños que forman parte do fondo son obxecto da propiedade intelectual dos seus autores, cando este dato consta
Lingua:
Spanish; Castilian
Galician
Escritura:
Humanista
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia e localización de orixinais
Localización de orixinais: Arquivo do Reino de Galicia
Volume: o volume total do fondo son 7.880 U.I
Contido: a meirande parte do fondo, recibida no Arquivo do Reino de Galicia entre1986 e 1988, con datas extremas entre 1847 e 1985, está descrita nun inventario convencional.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia