Eduardo Pondal Abente nace en Ponteceso o 6 de febreiro de 1835 e morre na Coruña o 8 de marzo de 1917.
Foi o fillo máis novo do matrimonio Juan González-Pondal e Ángela Abente Chans.
Estuda gramática latina na reitoral de Vilela de Nemiña, sendo o seu mestre Cristóbal de Lago.
En 1848 comeza o bacharelato en Santiago de Compostela, graduándose como Bacharel en Filosofía en xullo de 1854. Logo cursa estudos de medicina, que rematan o 18 de xullo de 1860.
O 2 de marzo de 1856 participa no Banquete de Conxo, xunto a Aurelio Aguirre e Luís Rodríguez, onde pronucia o primeiro poema que se lle coñece, aínda que comezara a escribir, posiblemente, xa en 1850 (con 15 anos).
Rematada a carreira, traballa como médico da Armada en Ferrol, onde tiña ao seu cargo dous batallóns de Infantería de Mariña ao tempo que exercía no Hospital Militar. Tras un breve paso pola Coruña, en 1862, en febreiro de 1863 trasládase a Madrid para presentarse ao exame de ingreso no corpo de Sanidade Militar. A fins de marzo xa ten aprobados os exames e regresa a Galiza. É destin ado á fábrica de armas de Trubia (Asturias) onde permanece o mes de xullo. O 27 dese mes pide un permiso que renova o 5 de febreiro, para permanecer en Santiago . En decembro de 1863 é dado de baixa en Trubia, e no exército en marzo de 1864.
Entre 1863 e 1870 aséntase en Ponteceso, con saídas esporádicas. Probablem ente, nestas datas comeza un proceso morboso que desembocará na crise de 1903 e culmin ará na loucura final.
En 1870 trasládase a Santiago, onde permanece ata 1885, ano en que marcha para a Coruña.
En 1888 e 1890-1892 descansa no balneari o de Carballo.
En 1894 instálase definitivamente na Coruña (entre 1905 e 1908 pasa unha tempada en Ponteceso). Alí frecuenta o faladoiro da librería de Carré, logo coñecida como "Cova Céltica".
En 1916 queda cego.
Morre no hostal "La Luguesa" da Coruña.
Historia arquivística
O fondo pertence ao grupo de manuscritos e documentación persoal que o poet a conservou durante a súa estancia na Coruña. Descoñécese a data exacta na que o conxunto documental chega á RAG. Pondal legou á Academia no seu testamento hológrafo do 23 de xullo de 1910 os seus manuscritos, tal e como reza na cláusul a "Dejo mis manuscritos literarios y mis impresos poéticos, a la Real Academia Gallego para que los expurgue y edite cuando lo tenga por conveniente en connive ncia con mis albaceas (José Valdés Díaz e Enrique Ferreiro, falecidos antes que Pondal)". O testamento foi protocolizado o 25 de marzo de 1917, pero según a información do boletín académico (BRAG, t. X, p. 210) o poeta entregou á institución os documentos "poco antes de su muerte".
Na Academia consérvas e correspondencia cos herdeiros de Pondal, posterior ao seu pasamento, centrada na cesión dos dereitos de autor da súa obra, e na que non se menciona directamen te a documentación, quizais porque posiblemente os manuscritos xa estarían na RAG.
Desde a súa chegada á RAG a documentación foi obxeto de diversas actuacións por parte dos académicos e dos investigadores, deixando cada unha as súas pegadas no fondo.
Nun principio, en Xunta Ordinaria do 30 de xuño de 1924, desígnase unha comisión, formada por Uxío Carré e Manuel Lugrís, encargada da edición das poesías inéditas de Pondal. Se ben, xa desde principios dos anos 20 ambos académicos deberon de traballar cos manuscritos do fondo (Carré edita en 1921 no Ideal Gallego parte do canto XXV d´Os Eoas). O labor editorial non dará froitos ata 1935, cando Lugrís dá ao prelo unha edición da obra de Pondal (Carré morre en 1932) na que inclúe parte das poesías inéditas conservadas na Academia. A consecuencia deste traballo editorial quedan integrad as no fondo as copias manuscritas (de varias mans, entre as que deben de atoparse as de Lugrís e Carré) dos poemas orixinais.
En Xunta Xeral do 25 de abril de 1954 desígnase unha nova comisión, formada por Leandro Carré, Ramón Artaza, Francisco Vales Villamarín, Gonzalo López Abente e Ángel del Castillo, para estudar a posible edición d´Os Eoas. O seu informe, desfavorable, aparece public ado no boletín da Academia (t. XXVI, pp. 85-89).
De novo en Xunta Ordinaria do 25 de marzo de 1956 encárgaselle a Fermín Bouza Brey un novo informe, que será igualmente desalentador. Dos seus traballos quedarán no fondo a transcrició n a máquina de 43 estrofas d´Os Eoas.
En 1968 Amado Ricón consulta o fondo para a súa edición da obra poética de Pondal de 1971. O mesmo volverá en 1990 para realizar unha edición d´Os Eoas, editada en 1992.
Desde 1994 Manuel Ferreiro, para a súa edición da obra poética galega completa de Eduardo Pondal (3 tomos, 1995-2002), comeza a traballar cos fondos da RAG. Cando en 1998 se coméza a reorganización do arquivo académico, o investigador colabora na identif icación e ordenación dos manuscritos, co persoal do arquivo. Nese momento o fondo atópas e en desorde e separado en varios bloques, por un lado a "maleta" na que Pondal gardaba parte do material d´Os Eoas, e por outra diversos grupos dispersos, que foron agrupándose en series e ordenándose a medida que se identificaban:
- Un primeiro grupo no que se atopaban manuscritos literarios, entre os que destacan poemas e algunhas estrofas soltas d´Os Eoas, cartas, e as copias realizadas para a edición da RAG da poesía de Pondal de 1935. Identificado entre 1994 e 1995.
- O manuscrito mecanografado d´Os Eoas, xunto a novos poemas e cartas. Identificado no 2000.
- Galeradas d´Os Eoas e estrofas soltas manuscritas. Identificadas no 2002.
- Transcricións de estrofas d´Os Eoas de Fermín Bouza Brey, xunto con correspondencia sobre os mesmos e máis estrofas manuscritas. Identificadas no 2002.
En 1998 ordenouse a correspondencia e parte dos manuscritos de poemas, creándose un inventario dos mesmos para facilitar a súa consulta. Ata o 2003, non se remata a organizaci ón do fondo, coa organización dos materiais da "maleta" e os grupos de documentos identificados posteriormente.
Alcance e contido
Copias alógrafas de poemas de Pondal. Hai dous grupos principais, por un la do os papeis da edición da obra poética pondaliana que realizou a RAG en 1935, que están formados por copias manuscritas de varias mans dos poemas, unha edición de Queixumes con correccións e o texto sobre o poeta de Manuel Lugrís que aparec eu como apéndice á edición. Por outra parte, unha serie de copias a lapis, da mesma man, de poemas e algunha estrofa d'Os Eoas. Tamén aparece unha copia do himno solta, dunha man diferente das anteriores.
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Normativa:
Documentación de libre acceso, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 de 25 de xuño, do patrimonio histórico español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Lingua:
Galician
Spanish; Castilian
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: Existen copias Información adicional da copia: Diapositivas: D5-2-85 e 86.
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas: Ver neste mesmo fondo a serie Copias autógrafas e alógrafas a lapis de dife rentes partes d´Os Eoas, con copias manuscritas da mesma man que as que se atopan na subserie Poemas soltos.
Notas
Nota xeral
Historia da custodia:
As copias para a edición da RAG de 1935 da poes ía de Pondal viñan coleccionadas en tres grupos, dous deles indentificados cos títulos: "Poesías inéditas" e "Poesías escolleitas e nidias". O terceiro, o profesor Manuel Ferreiro identificouno como "Novas poesías inéditas". Na primeir a ordenación do material, estes grupos, que non presentaban ningunha orde lóxica, foron desfeitos, gardándose os manuscritos xunto cos autógrafos. De todos modos á hora da clasificación e ordenación definitiva do fondo decidiuse clasificalos nunha serie propia, e incluír no índice dos títulos, como título común, os títulos mencionados.