Antonio (1819-A Coruña, 1892), Francisco (1827-A Coruña, 1897) e Benigno (1836-Madrid, 1872) naceron en Santiago de Compostela, e son os únicos superviventes de cinco irmáns. Antonio de la Iglesia González fundou e dirixiu a Escola Normal da Coruña (1845), a de Santiago (1849); foi inspector de Ensino Primario desde 1851 ata 1868 e habilitado dos mestres do partido de Corcubión e Padrón.
Á parte da súa actividade como mestre, destacou polo seu labor como editor e escritor. Fundou, dirixiu e colaborou en numerosos xornais galegos. Neles publicou os seus estudos históricos, literarios e lingüísticos sobre Galicia e o galego, xunto con poemas e contos en galego e castelán. Francisco María de la Iglesia González estudou Maxisterio e exerceu na Escola Normal da Coruña. Tamén foi titulado en Agricultura.
Tivo unha gran preocupación por Galicia, cunha dedicación especial á agricultura, á literatura e ao fomento de actividades culturais. Colaborou co seu irmán Antonio en moitas publicacións entre as que destaca "Galicia: Revista Universal de Este Reino" (1860-1865), fundada e dirixida por ambos os dous.
Como escritor destaca a súa obra "A fonte do xuramento" (1882), considerada o primeiro drama do Rexurdimento, e a súa actividade poética, que o converte nun dos máis prolíficos poetas prerrosalianos. Benigno de la Iglesia González estudou na Escola de Comercio e Telegrafía. Despois de ingresar no corpo de telégrafos estivo destinado en Santiago, Ferrol, Xixón e Salamanca.
Colaborou cos seus irmáns na revista "Galicia: Revista Universal de este Reino" (1860-1865).
Poeta romántico, deixou as súas composicións dispersas nos xornais da época. Ao contrario dos seus irmáns non escribiu en galego. Francisco, único dos irmáns que casou, contraeu matrimonio con Concepción Santos e tiveron 15 fillos dos que seis morreron de nenos. Entre os superviventes Santiago (Santiago, 1851-Ferrol, 1931), Álvaro (A Coruña, 1859-A Habana, 1928), Alfredo (A Coruña, 1861-1933) e Eladia (A Coruña, 1870-Ferrol, 1949). Santiago de la Iglesia estudou medicina en Santiago de Compostela. Asentouse en Ferrol onde compaxinou a súa actividade profesional como médico co activismo político. Situado no ámbito do republicanismo desde os seus anos de estudante en Santiago, foi tenente de alcalde de Ferrol e chegou a presentarse a deputado en 1903.
Ademais desenvolveu unha notable actividade social e intelectual. Impulsou o Centro Obreiro de Cultura e presidiu a Sección de Ciencias do Ateneo de Ferrol. Foi tamén membro correspondente da Real Academia Galega. Como divulgador científico e intelectual publicou numerosos artigos e notas en xornais e revistas, ademais de participar en numerosas conferencias e relatorios. Entre as súas ocupacións destaca o seu interese pola arqueoloxía e historia galegas, de feito chegou a reunir unha colección de obxectos arqueolóxicos que doou á Universidade de Santiago de Compostela en 1924. Álvaro de la Iglesia marcha de moi novo para A Habana onde se dedicou ao xornalismo. Acadou fama polos seus relatos de tradicións e escribiu varias novelas inspiradas en lendas populares. Foi membro correspondente da Real Academia Galega e da Real Academia da Historia de Cuba. Alfredo de la Iglesia foi catedrático de Literatura no Instituto de Pontevedra. Colaborou en varias publicacións periódicas e destacou como conferenciante no Ateneo de Ferrol. Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Eladia de la Iglesia centrou a súa actividade intelectual na creación literaria e publicou contos e narracións curtas en diversas publicacións periódicas.
Historia arquivística
Despois da morte de Francisco de la Iglesia (1897), os seus fillos repartiron entre eles os seus papeis e os que este debía de gardar dos seus irmáns Benigno e Antonio. A documentación coa que quedou Santiago foi doada á Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela por Santiago Montero Díaz. A parte de Alfredo pasou polas mans de Gumersindo Placer, padre mercedario que nos anos vinte preparou unha edición de poesías de Francisco de la Iglesia, e que deixou a cargo da Biblioteca do Mosteiro de Poio. Finalmente outra filla de Francisco, Eladia de la Iglesia (1870-1949) doou á Real Academia Galega papeis do seu pai e dos seus tíos, así como do seu irmán Santiago.
Ante a desorde da documentación, á súa chegada á Academia César Vaamonde Lores, arquiveiro-bibliotecario naquel momento, comezou (así o di nunha carta dirixida a Eladia e conservada no expediente da doazón) a súa ordenación sen que chegase a rematala.
En 1990 o Arquiveiro-Bibliotecario da Real academia Galega, Antonio Gil Merino, comezou a ordenación do arquivo. Nos seus inventarios o fondo dos Irmáns de la Iglesia ocupaba as signaturas 94 a 106 do fondo xeral, e as caixas coa signatura 23 a 25 e 27 a 28 da sección "Fondos filolóxicos".
En 1999 o persoal do arquivo da RAG realizou un inventario da documentación conservada nas caixas coa signatura 94 a 106 do fondo xeral, e as caixas coa signatura 23 a 25 e 27 a 28 da sección "Fondos filolóxicos". A raíz deste inventario os documentos foron reinstalados, pasando a ocupar as signaturas 93 a 105, 133, 151 a 153 e 183 a 184.
Posteriormente, entre setembro de 2004 e maio de 2005, catalogouse e reorganizouse esta documentación. Como resultado da catalogación mudáronse as signaturas que se lles dera aos documentos cando se inventariaron, se ben, na descrición dos documentos recolleuse na área de notas a signatura anterior.
En xaneiro de 2008 engadiuse a documentación dos "Xogos Floraes da Coruña" (caixa 203 do inventario de Antonio Gil Merino) e da "Cofradía de San Andrés de la Paz y Misericordia" (caixa 169 do inventario de Antonio Gil Merino) que a criterio do catalogador pertencían a este fondo.
Finalmente, en xuño de 2009 catalógase unha nova doazón de María Rosa Saurín de la Iglesia, descendente da familia de la Iglesia, que ademais de nova documentación de Antonio, Francisco e Santiago de la Iglesia, ten tamén papeis de Alfredo, Álvaro e Eladia de la Iglesia, todos eles fillos de Francisco.
Alcance e contido
Planos enteiros de debuxos de Santiago de la Iglesia sobre as epígrafes atopadas en diversos puntos da Coruña:
1.- Mapa da "Península de Herminio" coa localización das epígrafes existentes nela. (Folla 1)
2.- Esquema comparativo das inscricións presentes no Monte dos Bicos, no Monte da Moa, e dos Pelamios. (Folla 2)
3.- Debuxo da "Roca de Elviña". (Folla 3)
4.- "Signos en las rocas de Elviña". (Folla 3)
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Lingua:
Galician
Spanish; Castilian
French
Latin
Características físicas
Estado de conservación:
Regular
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas: Manuscritos poéticos de Francisco de la Iglesia consérvase no Mosteiro de Poio, doados por Gumersindo Placer.
Papeis de Antonio de la Iglesia González e Santiago de la Iglesia atópanse na Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela, doados por Santiago Montero Díaz.
Notas
Nota xeral
Título: Na última doazón de documentación, feita por María Rosa Saurín de la Iglesia en marzo de 2009, ademais de nova documentación de Antonio, Francisco e Santiago de la Iglesia, viñeron papeis de Alfredo, Álvaro e Eladia de la Iglesia, todos eles fillos de Francisco. Ao completarse o fondo con este material doutros membros da familia, a denominación de "Irmáns de la Iglesia" non se axusta totalmente ao seu contido. Non obstante decidiuse mantelo por non variar o nome polo que é máis coñecido este fondo despois de anos de divulgación. Referencia: os folletos e publicacións periódicas gárdanse na Bibliotea e na Hemeroteca da RAG. Historia da custodia: Un dos problemas máis grandes co que nos atopamos ao reorganizar o fondo foi a identificación da autoría de moitos dos manuscritos, especialmente dos poéticos, pois non só podían ser de calquera dos tres irmáns, se non que tamén podían deberse a persoas alleas á familia. Neste labor foi fundamental a axuda de María Rosa Saurin de la Iglesia, familiar e estudosa dos De la Iglesia e a quen se lle debe boa parte da identificación da documentación. Historia da custodia: un borrador dunha carta de César Vaamonde a Eladia de la Iglesia do 8 de outubro de 1938, coa signatura vella: 104/13, foi retirado do fondo e consérvase no expediente de doazón. Historia da custodia: engadíronse no 2004 ao fondo os seguintes documentos que quedaran fóra ao facerse a primeira organización:
- LÓPEZ DE LA VEGA, José, La agonía de Galicia, Madrid, Imp. de El Correo Militar, 1872
- SAAVEDRA MENESES, Frutos, Discurso sobre el fomento de la agricultura, Madrid, Imprenta de Manuel Bernaldo de Quirós, 1865
- IGLESIA, Francisco María de la, Apoteosis de Calderón, [s.l., s.n., s.d.]
- El Día, n. extraordinario (1881)
- Tarxeta postal de José Pérez Ballesteros para Francisco María de la Iglesia, do 15 de setembro de 1891 Historia da custodia: documentación engadida en xaneiro do 2008:
- Todos os documentos das series: 02.10.4.1.2.2 Xogos Florais de 1868, 02.10.4.1.2.3 Xogos Florais de 1876 e 02.10.4.1.2.4 Xogos Florais de 1877.
- Cartas, notas, libros de actas e de socios, inventarios, recortes de prensa, xornais e expedientes con documentación diversa engadidos ás series 02.10.1.1. Correspondencia de Antonio de la Iglesia, 02.10.4.1.1.4 Manuscritos de artigos, notas e recibos de Antonio de la Iglesia, 02.10.4.1.1.6 Derrubamento da Capela de San Andrés da Coruña, 02.10.5.6 Recortes de prensa, 02.10.5.7 Follas voandeiras, prospectos e carteis, 02.10.5.8.1 Xornais. No inventario da documentación na área de notas sinálase o novo material. Estado de conservación: os documentos da "Cofradía de San Andrés de la Paz y Misericordia", que se atopa na serie "Derrubamento da Capela de San Andrés da Coruña", foi restaurada en 1999 por Eva García Amador grazas a un acordo coa Confraría de Pescadores da Coruña.