En prosa e en verso, en galego e castelán, a obra de Rosalía de Castro ocupa un lugar moi relevante nas letras europeas do século XIX. Os seus manifestos feministas (“Lieders” e “Las literatas”), o seu avanzado pensamento político e social (Follas novas, El caballero de las botas azules) ou a súa decidida posición crítica como intelectual convértena nunha figura literaria que concita sempre un renovado e múltiple interese. Caracterizada por unha persoal retórica e unha orixinal estratexia en que se modernizan os pactos co lector, tanto os do romanticismo coma os do realismo, a padronesa afondou como poucos nalgúns dos conflitos dialécticos da súa época e nas profundidades abisais da subxectividade do eu.
Por outro lado, Rosalía de Castro contribuíu como ningún outro autor ou autora do seu tempo na xénese e afirmación do sistema literario galego contemporáneo.
Seguiron Cantares gallegos (1863) ou Follas novas...E Galicia como preocupación social e política, sempre sobre o fondo da súa Terra de Iria, continúa sendo o suxeito do seu discurso no que debería considerarse libro cume da poesía en castelán do XIX: En las orillas del Sar.
(Fundación Rosalía de Castro)
De conformidade co establecido na Orde SND/388/2020, do 3 de maio, pola que se establecen as condicións de apertura ao público de determinados comercios e servizos, e a apertura dos arquivos, así como para a práctica do deporte profesional e federado, a partir do día 4 de maio de 2020 e ata nova orde, os arquivos que forman parte do Sistema de Arquivos da Xunta de Galicia prestarán os seus servizos, con carácter xeral, de forma telemática.
Pode consultarse en liña este tratado de caza do século XV, redactado na corte do rei portugués. Consérvanse 10 bifolios, 11 folios e 4 fragmentos, que corresponden aproximadamente á unha cuarta parte da obra. Estes pergameos, que inicialmente servían de encadernación de protocolos notariais, foron identificados e posteriormente restaurados no Arquivo Histórico Provincial de Lugo.