Fundado no século IX polo rei Afonso II, O Casto, para protexer as reliquias do apóstolo Santiago, conta cunha numerosa comunidade beneditina masculina. No ano 1499, coa reforma dos Reis Católicos, a comunidade masculina pasa ao mosteiro de San Martiño Pinario, da mesma cidade. Neste ano os reis mandan reunir no edificio de San Paio a todas as monxas beneditinas de Galicia baixo a abadesa Beatriz de Acuña e as súas monxas observandes, converténdose deste xeito no centro da reforma dos mosteiros da orde.
Historia archivística
Os fondos dos mosteiros e conventos desamortizados da provincia da Coruña ingresaron no ARG en virtude dunha orde ministerial do 10 de novembro de 1887, probablemente executada en 1888. Anteriormente, e desde o momento da exclaustración, a documentación permaneceu en dependencias públicas e incorrectamente custodiada. Antes de 1851 estiveran en Galicia os comisionados da Academia da Historia e recolleran moitos documentos relevantes para a historia de Galicia.
Alcance e conteúdo
Clase de documento:
Textual
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia