San Martiño de Frades é parroquia do actual concello de Frades, arciprestad o de Barbeiros. Nos seus termos atópase a ermida de San Nicolás, no monte de igual nome.
En torno a 1857 incorpórase como unida ou agregada a Santa María de Papucín. No 1866, volta a ter un rector propio e no 1873, en virtude do arranxo parroquial, retorna a agregarse a Papucín.
O cardeal del Hoyo dínos que o conde de Altamira levaba tres quintas partes dos froitos, e cita tamén a presencia da ermida no 1607, que "no tiene renta y reedificó a su costa el rector pasado".
Alcance e conteúdo
A pesares de que a documentación das diversas cofradías instituídas en cada unha das parroquias do Arcebispado foi custodiada polos rectores da parroquia antes da súa remisión ao Arquivo Histórico Diocesano de Santiago, cada unha delas podería constituir, propiamente, un fondo individualizado. Lembremos que cada unha conta cos seus propios órganos de goberno (cabidos e xuntas) e se administra dun xeito independente contando para facelo, non só cunha normat iva propia (constitucións e ordeanzas), senón coas súas particulares vías de financi amento (caridades, esmolas, censos...).
A estreita imbricación coa vida parroquia l e o papel que nesta ten o párroco, fan que a súa figura, estea presente en case tódalas funcións das cofradías (o rector tiña dereito a exercer as funcións eclesiásticas, parroquiais ou non, nas capelas de cofradías establecidas na súa igrexa ou nas dependentes dela, mais non nas erixidas en igrexas independent es); este foi o motivo polo que se optou por consideralas a todas, en conxunto, como un único subfondo dentro de cada fondo parroquial concreto. Así, as cofradí as en igrexas ou oratorios independentes do párroco podían ter reunións, administra r e dispor dos seus bens, celebrar misas, facer procesións, expor reliquias de santos... competencias moitas delas do párroco, mais non exclusivas del (abondan neste particular a Sagrada Congregación do Concilio nas súas disposicións de 10 de decembro de 1703 e de 25 de xuño de 1864, e a Sagrada Congregación de Indulxencias nas de 20 de xullo de 1868, 7 de xuño de 1842, 18 de novembro de 1842, 22 de agosto de 1842 e 10 de xuño de 1864). Esto permite unha maior intelixibilidade non somentes do cadro de clasificación, senón do de organizació n de fondos, que xa de por sí conta cun elevado número deles (neste arquivo gárdan se máis dun milleiro de parroquias, tratadas cada unha delas con rango de fondo. Se consideramos que en cada parroquia pode haber instituídas como mínimo unha ou dúas cofradías, chegando a media ducia nalgúns casos, o número dos fondos resultantes multiplicaríase en exceso). O asunto complicaríase aínda máis tendo en conta a posibilidade que algunhas delas tiñan de agregarse ou asociarse a unha archicofradía ou cofradía nai da mesma advocación e idénticos fins, facéndose partícipes das grazas e favores espirituais dela.
O "Diccionario de Ciencias Eclesiásticas: Teología Dogmática y Moral, Sagrada Escritura, Derech o Canónico y Civil, Patrología, Liturgia, Disciplina Antigua y Moderna, Historia Eclesiástica, Papas, Concilios, Santos, Órdenes Religiosas, Cismas y Herejías, Escritores, Personajes Célebres, Arqueología, Oratorio Sagrada, Polémica, Crític a, Misiones, Mitología, Errores Modernos, etc, etc y principalmente cuanto se refiere a nuestra España", define as cofradías como a reunión dun determinado número de fieis para adicarse en común ao exercicio de obras piadosas e de caridade. Teñen sempre un santo por patrono, ao culto do que se consagran e no nome do cal exercen actos de piedade e beneficencia.
Por outra banda, o "Diccionario de Términos de Historia de España" considera as cofradías como asociacións voluntarias de individuos unidos por un vencello de caridade ou irmandade, con fins relixiosos e benéficos e, ás veces, de tipo profesional, corporativo, veciñal, etc. Xurdiron na Idade Media como instrumento na loita contra as herexías, tentando uniformar o culto en torno a devocións concretas e seguindo os pasos das ordes de predicadores. Na Península Ibérica comenzou este movemento fundacional no mundo urbano, agrupando aos profesionais que realizaban distintas tarefas dentro dun mesmo sector produtivo, introducíndose posteriormente no rural.
No caso da cidade de Santiago, por exemplo, J. Armas Castro afirma que foi entre 1250 e 1350 cando deberon fundarse a maior parte.
A do Santísimo Sacramento foi unha das cofradías máis favorecidas, dándose incluso disposicións encamiñadas á súa instalación en tódalas parroquias (Constitución de Inocencio XI "Injuncti nobis", de 1678). En ocasións recibe o nome de Luminaria, por ser esta a luz que arde permanentemente nas igrexas diante do Santísimo e a cofradía a encargada de cumprir esta disposición. Os mordomos desta reciben ás veces o nome de "lumineros".
Outro tipo de cofradías que paga a pena mencionar son as chamadas do clero, integradas case en exclusiva por eclesiásticos agrupados en torno a certos criterios de territor ialidade, de adicación profesional dentro do estamento eclesiástico ou combinando ambos.
O espíritu destas institucións perdura ate a actualidade, pero reducida a súa actividade case que exclusivamente á preparación de certas funcións de carácter festivo. Noutros casos trasmutáronse en obras pías ou fundacións. Esta degradación progresiva comenza a finais do XVIII cos intentos lexislativos de amortizar os seus bens (real decreto de 9 de outubro de 1798 sobre estinción de vales reais, establecendo o alleamento de tódolos bens raíces de hospitais, casas de misericordia, de reclusión e espósitos, cofradías, memorias, obras pías e padroados de legos), que se aceleraron coa chegada das sucesivas desamort izacións do século XIX. Neste, Espartero suprimíunas, aínda que rexurdiron, pasando os seus compoñentes a oporse ao pago das cuotas ou caridades en moitas ocasións. Estes e outros problemas condicionaron o seu funcionamento posterior, ligados ao progresivo declive da relixiosidade popular ata os nosos días.
Pilar Gay Molíns aplícalle acertadamente ás cofradías un cadro de clasificación de fondos propio xa que, como dixemos, teñen personalidade xurídica propia. O seu estudio, tomado como punto de partida, foi aplicado en certa medida á realid ade concreta dos fondos deste arquivo, xurdindo series novas e non aparecendo outras .
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia