O fondo toma o nome de Juan Carlos Martínez Quiroga, último personaxe reflectido na documentación e acumulador da mesma.
A familia Martínez ten parte das súas orixes en La Rioja. O primeiro membro que chegou a Galicia é Sancho Martínez de Leiva, nomeado Capitán Xeral do Reino. Con el, o seu sobriño, Gonzalo Martínez de Leiva, que casou en 1516 con María Martínez, asentándose definitivamente en Galicia.
O seu fillo Juan Martínez herdou os bens da súa nai, a Casa e Torre de Seixo Viso, na Pobra de Mesía, Terra de Santiago.
Foron sucesores do vínculo e morgado de Seixo Viso:
Pedro Martínez, casado con Catalina Pérez.
Alonso Martínez, casado con María López Espantoso, da Casa e Pazo de Golmar.
Andrés Martínez, casado con María Antonia Barba Figueroa, herdeira dos bens da Casa de Taramuño, que herdou do seu pai Pedro Barba Figueroa, pertencente á liña dos Marqueses de Figueroa, e a súa nai Magdalena Martínez Barbeito Ponte e Morelle.
Juan Antonio Martínez, herdeiro do vínculo de Seixo Viso e o de Taramuño. Casado con Mariana Díez de Quiroga y Castro, filla do rexedor Matías de Quiroga e Jacinta de Castro,
Juan Carlos Martínez, último sucesor dos citados vínculos e morgados. Casado con Nicolasa Santos de Cabrera y Calatayud, que estivera casada en primeiras nupcias con Manuel de Aldao y Andrade, dono da casa de Media Villa e do seu morgado, axudante maior do Reximento de Milicias de Betanzos, de quen lle quedron cinco fillos: Ramón, Joaquín (ambos os dous pasaron como militares ás Indias), María del Pilar, Rita e Nicolasa de Aldao y Santos.
Como outras familias da fidalguía galega, a base económica sobre a que se sustenta, ou que polo menos complementa a actividade dos seus membros, é a propiedade ou tenza de terras e rendas.
O patrimonio familiar céntrase ao redor dos vínculos e morgados do Seixo Viso, Taramuño e Rodeiro.
O vínculo de Rodeiro foi fundado por Pedro de Mourelle, crego de Santa María de Rodeiro, en testamento outorgado o 14 de xaneiro de 1576 ante o escribán de número de Betanzos Gómez de Vaamonde.
Foron sucesores deste vínculo: Pedro de Mourelle, sobriño do fundador, Rexidor de Betanzos, casado con María Sánchez de Arteaga, fillo de Alonso Gómez de Medín e Fernanda Pérez Mourelle; Catalina de Ponte y Morelle; Domingo Martínez de Barbeira e a súa muller, Dominga da Ponte; Andrés Martínez; Juan Antonio Martínez; e Juan Carlos Martínez.
Os bens do vínculo de Rodeiro ubicábanse, principalmente, nos actuais concellos de Vilasantar, Oza dos Ríos, e Betanzos.
En canto ao vínculo do Seixo Viso, as súas propiedades estiveron nos actuais Concellos de Vilasantar, A Coruña, Ponteceso, Malpica e Cabana de Bergantiños.
Historia archivística
Non temos constancia do ingreso deste fondo familiar no Arquivo Municipal, pero é probable que teña que ver coa actividade de Juan Carlos Martínez Quiroga, que foi Rexedor, Alcalde Maior e Corrixedor do Concello da Coruña.
Outra posibilidade é que o ingreso deste fondo no arquivo estea relacionado co reconto de documentación que, trala súa morte, foi realizado en 1776 polo Corriximento da Coruña, e que atopamos no Arquivo Municipal.
Os Autos de reconto, inventario, taxación e partilla de bens realizábanse para salvagardar os dereitos de menores e acreedores ante alcaldes, corrixidores ou xuíces, de oficio ou a pedimento de parte. Juan Carlos Martínez Quiroga morreu completamente endebedado, deixando fillas menores.
En ambos os dous casos, a Historia Arquivística deste fondo iría parella á do fondo documental do Corriximento.
Alcance e conteúdo
O fondo abrangue o período cronolóxico desde 1541 ata 1776, pero a maior parte dos documentos son dos séculos XVII e XVIII. A documentación foi producida e acumulada polos diferentes membros da familia como resultado da súa actividade. Xeograficamente abarca as antigas provincias de Betanzos, A Coruña e Santiago, dado que as distintas ramas que se incorporan á familia teñen propiedades nelas. Trátase de documentación relativa ao patrimonio familiar, fundamentalmente escrituras de propiedade e preitos, e á administración do mesmo.
De especial relevancia son tamén os documentos referentes á actividade profesional de Juan Carlos Martínez Quiroga e do seu pai, Juan Antonio Martínez Barba Figueroa, ambos os dous avogados da Real Audiencia de Galicia.
O fondo ten importancia para os estudos xenealóxicos, etnográficos, socioeconómicos, de historia local, ...
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
A maior parte dos documentos son de libre acceso. Só se restrinxe o acceso naqueles documentos que están afectados polos supostos legais establecidos no artigo 105-b da Constitución (averiguación dos delitos, intimidade das persoas e seguridade do Estado). Por iso, nalgunhas series esta limitación se establece en 1965 e noutras en 1900.
Tamén, de xeito excepcional, en determinadas unidades de instalación pode restrinxirse o acceso segundo o estado de conservación dos documentos.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
Está suxeita ás taxas e prezos públicos fixados o 14 de setembro de 1995 polo Concello na súa Ordenanza nº 32, reguladora do prezo público por prestación de servizos e utilización de instalacións culturais, educativas e análogas de titularidade municipal.
Lengua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Estado de conservación:
Regular
Descripción del estado de conservación:
Documentación textual manuscrita en papel con algunhas cubertas en pergameo.
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Notas
Nota general
Sistema de organización: Cadro de clasificación baseado nas propostas de GALLEGO DOMÍNGUEZ, Olga. "Manual de Archivos Familiares". Madrid. ANABAD, 1993.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia