Cámara Oficial da Propiedade Urbana de Santiago de Compostela
Fecha de creación
1927 / 2000
Nivel de descripción
Fondo
Volumen y soporte de la unidad de descripción
141 Unidade(s) de instalación
Historia y alcance
Historia institucional/Reseña biográfica
A Cámara Oficial da Propiedade Urbana de Santiago de Compostela foi creada en 1933 para cumprir os fins que a lexislación lle atribúe a estas corporacións como defensoras dos intereses dos propietarios de leiras urbanas e mediadoras das súas relacións coa Administración. Neste mesmo ano apróbase o seu reglamento de réxime interior de acordo co de carácter xeral das cámaras establecido polo Real-decreto lei de 6 de maio de 1927, no que se dispón a colegiación obligatoria de todos os propietarios de leiras urbanas nas Cámaras que se constitúan en cada capital de provincia, nas entidades de poboación de máis de vinte mil habitantes ou ata nas inferiores cuxas cotas sexan suficientes para a prestación dos servizos. Pola Orde de 20 de xaneiro de 1944 adquire o carácter de comarcal e amplía a súa xurisdicción a todo o partido xudicial de Santiago de Compostela e aos partidos xudiciais de Muros, Negreira, Noia e Padrón, creando tamén delegacións da mesma nas cabezas de partido. Polo Real decreto 2577/1983, de 25 de agosto, traspásanse as competencias do Estado en materia de cámaras da propiedade urbana á Comunidade Autónoma de Galicia, pero a Lei 37/1988, de 28 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para 1989, que suprime a obligatoriedad da afiliación, abrindo o camiño da súa supresión.
O Decreto 224/1991, de 20 de xuño, pon as cámaras galegas baixo tutela administrativa da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas, a Cámara cambia a súa denominación pola de Cámara da Propiedade Urbana de Santiago de Compostela. Unha vez suprimidas polo Real decreto lei 7/1994, de 5 de agosto, a Comunidade Autónoma, como Administración pública encargada da súa tutela estableceu, mediante o Decreto 46/1999, de 11 de febreiro, o procedemento para o seu liquidación e extinción. A partir da Orde do 9 de novembro de 2000 o seu persoal integrouse na Administración da Xunta de Galicia e en marzo de 2001 a comisión de liquidación, adscrita á Consellería de Política Territorial, aprobou o seu inventario liquidado.
Historia archivística
Ata o ano 1964 a documentación da Cámara estivo custodiada no soto do mesmo local alugado onde estaba a sede (na rúa do Vilar, 1); ese ano foi trasladada a outro local e finalmente, no ano 2002 transferiuse ao Arquivo Xeral da Xunta de Galicia, agás algunhas series que non estaban pechadas e foron remitidas ao Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
O acceso aos arquivos e rexistros administrativos e un dereito contemplado pola Constitución Española de 1978 (artigo 105, b). Este dereito, que ten as restricións establecidas na Constitución e nas leis, está regulado con carácter xeral pola Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común -no que afecta á documentación administrativa -e pola Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español -no que afecta á documentación histórica.
Normativa:
Trátase de documentacion de carácter público deposiada nun Arquivo. Estes documentos adquiren a condición de Bens de Interese Cultural (art. 50 da Lei 8/1995, de 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia e 60 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español), pasando a gozar así do réxime de protección establecido nesas normas.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución de documentos está suxeita á Lei 6/2003, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e polo Decreto 320/1992, de 12 de decembro, polo que se fixan os prezos percibidos pola Xunta de Galicia, para os arquivos e museos xestionados pola Xunta ou de titularidade autonómica. Igualmente a publicación dunha reprodución debe ser autorizada, devengando o prezo público establecido no devandito Decreto ( artigo 5).
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia