A creación da Delegación Nacional de Excombatientes debemos situala no período de desmobilización do exército franquista, o que a levou a converterse nunha organización de veteranos do réxime. Este organismo tentaría devolver aos soldados desmovilizados aos seus antigos ou novos postos de traballo a través dun importante labor burocrático desenvolvido por comisións provinciais presididas polas autoridades militares e locais xunto a representantes de Falange. Para iso o 14 de outubro de 1937 (BOE nº 361, 16 de outubro de 1937), por Orde da Presidencia da Junta Técnica del Estado, créase o Servicio de Reincorporación al Trabajo co obxecto de ordenar a vida económica e social da nación e dos cidadáns.
Este organismo será regulado polo Decreto do 14 de outubro de 1938 (BOE nº 116, 24 de outubro de 1938). En agosto de 1939 ordénase a creación da Delegación Nacional de excombatientes, cuxa misión primordial será a incorporación da mocidade combatente a un traballo, quedando baixo as ordes inmediatas da Secretaría General de Falange Española Tradicionalista y de las Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET y de las JONS). A partir do Decreto do 20 de xullo de 1957 (BOE nº 192, 27 de xullo de 1957) a Secretaría General del Movimiento sofre importantes modificacións que deron lugar a que a Delegación Nacional de Excombatientes se integrase na Delegación Nacional de Asociaciones, a cal desaparecerá polo Decreto 15/1970 do 5 de xaneiro (BOE, 6 de xaneiro de 1970) pasando a incorporarse á Delegación Nacional de Acción Política y Participación.
Os dous obxectivos básicos da Delegación Nacional de Excombatientes, e das súas distintas delegacións provinciais, son: a necesidade de recolocar nun posto de traballo a aquelas persoas que serviron no exército, facilitándolle o acceso a determinados empregos ou concedéndolle unha pensión; e contribuir ao seu adoutrinamento político.
Historia archivística
O fondo foi transferido en maio de 1978, xunto cos outros fondos do Movemento Nacional, ao Arquivo Histórico Provincial de Ourense dende a Dirección Provincial do Ministerio de Cultura de Ourense.
Alcance e conteúdo
Este fondo está formado por unha única serie, os expedientes persoais de excombatentes. Na súa maioría están formados por copias de orixinais que certifican a condición de excombatente do interesado e que alegan méritos (certificados, informes de diversos organismos como a Comandancia Militar ou xefaturas locais do Movemento…). En ocasións, tamén se acompañan dalgunhas cédulas persoais, cartillas militares, fotos tamaño carné...
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
A documentación é de acceso libre, este dereito está garantido polo artigo 57 da Lei 16/1985 de patrimonio histórico español e o 23 da Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia. En todo caso o acceso estará condicionado polo estado de conservación dos documentos.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
Suxeita á norma vixente, Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia así como na Lei 6/2003, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. Igualmente a publicación dunha reprodución debe ser autorizada, devengando o prezo público establecido no Decreto 219/2011 (artigo 5). Só se limita a reprodución da documentación que se atopa en mal estado de conservación ou non poida ser obxecto de consulta segundo as súas normativas de acceso.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia