A Lei de 1845, que regulamenta a ensinanza secundaria e superior, leva ó concello de Pontevedra a solicitar, co apoio de numerosos cidadáns, un instituto para a cidade que se concede pola Real Orde do 30 de outubro de 1845, inaugurándose o 19 de novembro do mesmo ano. Se instala na planta baixa do antigo colexio de xesuitas. O 22 de setembro de 1867 comeza a funcionar un "colexio de internos" subvencionado pola Deputación, que perdura ata 1882. En 1899 se instala nun novo edificio construído na Avenida de Montero Ríos, actual Delegación Provincial da Consellería de Educación, para escola de Artes e Oficios onde permanecerá ata o curso 1927-1928, cando se inaugura o actual instituto "Valle Inclán". No ano 1934 se crea a Residencia de Estudantes dependente do Instituto. Polo Decreto do 28 de outubro de 1933 (Gaceta de 30 de outubro) se crea o colexio subvencionado de segunda ensinanza de A Estrada que comenzou a funcionar, como filial do Instituto de Pontevedra, ó ano seguinte, tendo como primeiro director a Antonio Lino Sánchez. Se clausura en 1938 pola Orde do 14 de setembro de 1937.
O 13 de xuño de 1984 o director do Instituto "Sánchez Cantón" solicita que sexa recollida a documentación antiga do Instituto de Segunda Ensinanza de Pontevedra, que se atopaba nunha sá porque corria o risco de afundimento debido ás malas estruturas do edificio. Ante esta situación o Arquivo procedeu o seu traslado, en pequenas remesas, que finalizou o 3 de xullo dese mesmo ano.
Forma jurídica del ingreso: Transferencia
Libros de actas de exames de ingresos nos diferentes centros de ensino secundario (1933-1937); expedientes académicos de alumnos (1845-1945) que se enviaban anualmente ó Instituto por parte dos subvencionados; libros de contabilidade (1845-1851).
Conservación permanente
- Actas de exames para ingreso - Expedientes de alumnos: *Instituto de Segunda Ensinanza de Pontevedra. *Colexio subvencionado de Segunda Ensinanza de A Estrada. *Colexio subvencionado de Segunda Ensinanza de Tui. - Contas de caudais
Libre, agás que se atopen en mal estado de conservación.
Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación.
Material en el que se registra la información: Papel
Estado de conservación: Bo
Inventario.
No existen copias
Arquivo do Instituto de Pontevedra/ Instituto Sánchez Cantón
Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.